Demografía, sociedade, movementos sociais e culturais do século XIX.GUERRA CIVIL
1. DEMOGRAFÍA
1- DEMOGRAFÍA
Durante o s.XIX e as dúas primeiras décadas do s. XX a poboación española creceu aínda que máis lentamente que nos países de Europa Occidental. O modelo demográfico antigo tardou en desaparecer.A natalidade e mortalidade reducíronse ó tempo que se desenvolve un amplo movemento migratorio tanto interior(campo cidade)como exterior.
1-1 O MODELO DEMOGRÁFICO ANTIGO
O modelo demográfico antigo caracterízase por un crecemento lento da poboación debido a alta mortalidade a pesar de manter taxas de natalidade moi altas.
España mantivo unha natalidade e mortalidade moi altas ata finais do XIX a taxa de mortalidade será no 1900 do 29/oo e a de natalidade do 34/oo. A esperanza de vida será de 34 anos nos homes e 36 nas mulleres.
As causas da elevada mortalidade son:
q As crises de subsistencia [ crises típicas das economías agrarias tradicionais, provocadas polas malas colleitas.estas crises prodúcense de forma periódica.Xeralmente son provocadas por fenómenos meteorolóxicos(secas,inundacións ou pedrazo)como consecuencia adoitaban a producir alza dos prezos nos productos básicos na alimentación, e con elo a fame ] .Son de destacar as crises de subsistencia do 1847,1857,1867.
q Epidemias periódicas de febre amarela, gripe e cólera (1834,1854,1865,1885)
q Enfermidades endémicas como tuberculose, tifos,sarampelo etc.
q As guerras (carlistas,Independencia, América e Colonias africanas)
Outra característica do modelo demográfico antigo é o predominio da poboación rural eran 2/3 da poboación, a finais do XIX só Barcelona e Madrid tiñan 500.000 habitantes, e só vivían en cidades de máis de 100.000 h o 9% da poboación. A poboación española medrou lentamente no s.XIX pasou duns 10,5 millóns de habitantes no 1800 a 18,5 millóns no 1900.
1-2 ELEMENTOS DO CAMBIO NO MODELO DEMOGRÁFICO
A partir do 1885, última epidemia de cólera, hai un cambio, cun crecemento vexetativo importante, a natalidade diminuíu chegando a ser no 1935 do 27,2/ooo. O descenso da natalidade vai unido en parte o proceso urbanizador do XX(e máis difícil criar nenos nas cidades que nos 20pobos).
A mortalidade decrece tamén pero será a partir de 1890, debido as melloras na alimentación, hixiene e sanitarias.As grandes crises de subsistencia desaparecen e tamén as epidemias aínda que cabe recordar a epidemia de gripe de 1918, que supuxo unha enorme perda de vidas humanas en España. A mortalidade chegou a ser no 1935 do 16,3/oo e a esperanza de vida de 48 anos nos homes e de 52 nas mulleres. Tamén caeu a mortalidade infantil.
Haberá diferencias no crecemento da poboación segundo as rexións, cun estancamento claro no interior agás Madrid, e un aumento de poboación na periferia con excepción de Galicia.
A poboación urbana crecerá máis tarde que en Europa debido ó escaso desenvolvemento industrial español, empezará a crecer no primeiro tercio do s. XX. Entre 1900 e 1930 a poboación que vive en cidades de máis de 100.000 habitantes pasou dun 32% a un 42%. As cidades crecen, derrúbanse as murallas e constrúense os ensanches como os de Ildefonso Cerdá para Barcelona ou a Cidade Lineal de Arturo Soria en Madrid.
Foi fundamental a desamortización para a configuración do espacio urbano do XIX e XX. As cidades cambian terán alumeado,empedrado, conducción de augas fecais, auga corrente etc..
En Galicia a Coruña crece e arrebátalle o 1º posto a Santiago.
1-3 AS MIGRACIÓNS
Aprécianse dous tipos de migracións:
- Internas: do campo cara as cidades industriais . Empezaron a ser importantes na década dos anos sesenta do s. XIX, dirixidas maioritariamente ó País Vasco e Cataluña.
- Externas: Maioritariamente dirixidas a América. Na última década do s.XIX marcharon cara América cerca dun millón de españois, a maioría a Arxentina,Uruguai e Paraguai, esta tendencia continuou ata 1914, neste ano saíron do noso país uns 200.000 emigrantes.A afinidade lingüística e as condicións das antigas colonias facilitan a marcha dos españois a “Facer as Américas”. Algúns tamén saíron cara a Francia e Alxeria.
Os emigrantes marchan por razóns económicas, buscando o pan., xa que en España hai un gran desfase entre o enorme crecemento da poboación e os escasos recursos do noso país.
A maioría dos emigrantes procedían de Galicia,Asturias e Canarias .
EMIGRACIÓN TRANSOCEÁNICA
PERÍODO |
GALICIA |
ESPAÑA |
GALICIA/ESPAÑA |
1885-1895 |
167.665 |
563.851 |
29,7% |
1911-1930 |
733.176 |
1.770.005 |
41,4% |
1931-1946 |
60.032 |
148.695 |
41,7% |
1947-1960 |
289719 |
629.032 |
46,1% |
1961-1970 |
94085 |
173.902 |
54,1% |
v GALICIA- foi unha das zonas de maior emigración, o redor do 33% da emigración española.Entre 1880(1.800.000 galegos) e 1970(2.600.000) saíron de Galicia máis de 1.200.000 galegos.
A crise de 1929 provocou unha recesión na emigración, algúns dos emigrados regresaron enriquecidos eran os chamados “indianos”.
Para Galicia a emigración foi ó longo do s. XIX e XX ,un freo o seu crecemento, aumentou a poboación solteira feminina, natalidade fora do matrimonio e o envellecemento da poboación. Os cartos mandados dende a emigración servirán para que os campesiños rediman os foros, merquen terras, compren gando e melloren as súas casas: Na industria o investimento será menor. Pero un dos destinos dos cartos dos emigrantes será o equilibro da balanza.
A migración interior dende Galicia irá dirixida ó País Vasco, Cataluña e Madrid, no século XX uns 800.000 galegos saen cara estes destinos dentro de España.