Demografía, sociedade, movementos sociais e culturais do século XIX.GUERRA CIVIL
2. SOCIEDADE
2- SOCIEDADE
Dende os inicios do s. XIX hai cambios profundos na estructura social do noso país.
A abolición dos privilexios estamentais polo liberalismo, fan que non sexa o nacemento só o que marca as diferencias sociais, nunha sociedade liberal de clases non de estamentos, a valía persoal, os méritos militares o esforzo e a capacidade de traballo sexan máis valorados.
Foron moitas as persoas que con un berce humilde , lograron ascender as maiores cotas de poder e prestixio social.(ex. Espartero fillo dun carreteiro ou Godoy).A burguesía será a gran favorecida na sociedade do s. XIX e XX.
2-1 GRUPOS SOCIAIS TRADICIONAIS
Son a nobreza, o clero e o campesiñado.
q Nobreza: Perdeu os seus privilexios pero conservou o patrimonio, e mantivo gran influencia na sociedade.Para uns autores souberon acercarse á burguesía, para outros será a burguesía a que se acercarse á nobreza. Houbo un gran interese por obter títulos nobiliarios, moitos concedidos polos reis por parte da burguesía.
En Galicia a fidalguía(donos dos pazos) terá o poder económico e social, a medida que as rendas van perdendo valor perderá tamén poder a fidalguía.
q O Clero: A igrexa perde privilexios pero tamén a súa riqueza e a súa influencia político-social coas desamortizacións.A pesar de todo a influencia da igrexa aínda que baixou non se perde totalmente xa que España é maioritariamente católica e a Igrexa consegue incluír nalgunhas constitucións a confesionalidade ou un Concordato como o de 1851.En liñas xerais os gobernos progresistas limitaron o seu poder e os moderados o manteñen.
Aparece na sociedade española unha forte corrente anticlerical.
q Os Campesiños:son o grupo máis numeroso, no 1930 aínda son o 40% da poboación. A súa situación non mellorou coa desamortización xa que perderon unha importante fonte de recurso coa venda dos bens de propios, e non se fixeron propietarios. Hai diferencias na situación do campesiñado nas distintas zonas de España, en Andalucía o 1% de propietarios posúen o 42% das terras, o nº de xornaleiros sen terras é grande, o paro e a fame explican as numerosas revoltas no XIX e XX no campo andaluz, no outro extremo está Galicia o campesiñado aínda que non posuía a terra, mantiña certos dereitos derivados do réxime foral(estabilidade das rendas, dereitos de transmisión da explotación).a meirande parte dos campesiños tiñan terras moi pequenas e as condicións de explotación eran duras. O tamaño tan pequeno das explotacións, e as limitacións impostas polo foro(non poden cambiar os cultivos nin rotula-lo monte), foron un impedimento para a modernización agrícola. O campesiño galego para facer fronte as rendas tivo que redobrar o esforzo, parcelando e especializando as terras, en definitiva traballando máis.
2-2 OS NOVOS GRUPOS
Serán a burguesía e o proletariado.
q Burguesía: formada por industriais,comerciantes, funcionarios, militares, profesionais liberais, propietarios de bens mobiliarios...Foi o grupo ascendente da sociedade.O liberalismo e a industrialización contribuíron a que obtivera o poder político e económico. Non eran un grupo moi numerosos debido ó atraso da industrialización no noso país, pouco emprendedora e imitadora dos nobres. Hai unha alta burguesía(financeiros,industriais e comerciantes moi ricos)localizada nos centros económicos e industriais e unha pequena burguesía a das clases medias moi heteroxénea e moi aberta os cambios e defensora en moitos casos dos principios liberais e democráticos.
q O Proletariado: Aparece coa industrialización, durante o s. XIX o crecemento da poboación dedicada á industria foi lento a maioría de traballadores eran artesáns. O aumento do proletariado apréciase no s. XX. Os traballadores das fábricas proveñen do campo ou dos negocios artesáns que se arruínan como consecuencia da competitividade dos productos das fábricas. A situación do proletariado das fábricas era mala(xornadas enormes,salarios moi pequenos,traballo infantil, pésimas condicións de vida). A situación no campo non era mellor, os campesiños pobres e xornaleiros tiñan mínimos recursos e eran explotados polos grandes propietarios, desnutridos e sometidos ás enfermidades.Tamén os traballadores das minas terán unha vida mísera.Os máis desfavorecidos serán mulleres e nenos.Esta situación fai que aparezan grupos que solicitan melloras laborais e salariais.