Avda. de Ourense, s/n - 36940 CANGAS. +34 986 303 933; ies.rodeira@edu.xunta.gal Matrícula, certificados: secretaria@edu.xunta.gal
O XURADO XA FALLOU!
Na categoría en lingua galega, a obra merecedora do premio foi "Irene a Porteira". Este cómic, creado polo xornalista Óscar Losada e debuxado por Xulia Pisón, recrea a curta vida da que foi a primeira porteira e capitana dun equipo de fútbol. O xurado destacou a súa narración trepidante, cun manexo da linguaxe do cómic que recrea con precisión e moita acción unha historia sinxela pero emotiva e reivindicativa, ambientada na Coruña dos anos vinte do século pasado.
Por outra banda, na categoría de lingua castelá, a obra "Planeta" de Ana Oncina conquistou ao xurado co seu relato de ciencia ficción nun formato manga. O xurado salientou a capacidade desta autora alacantina para plasmar con delicadeza e precisión temas de gran complexidade como o amor, a diversidade e a saúde mental. "Planeta" preséntase como un thriller onde dous mundos conflúen a través de dúas liñas temporais paralelas, onde nada é o que parece.
A entrega dos premios realizarase conxuntamente coa inauguración da 20ª edición do Salón do Cómic e Ilustración de Cangas o sábado 13 de xullo ás 19:30 no Auditorio Municipal de Cangas. Este evento, que xa é un referente no panorama cultural galego, ofrecerá un marco perfecto para celebrar a creatividade e o talento dos gañadores do premio "Tinta de Lura".
Presentación do Salón do Cómic
GAÑADORA EN LINGUA GALEGA
GAÑADORA EN LINGUA CASTELÁ
Colaboran: