Entrar

 

  IES de Rodeira. Avda. de Ourense, s/n - 36940 CANGAS. +34 986 303 933; ies.rodeira@edu.xunta.gal Matrícula, certificados: secretaria@edu.xunta.gal

Formulario de prematrícula de 1º de Bacharelato para o curso 22-23

O alumnado, con reserva de praza para 1º de Bacharelato, xa pode acceder ao formulario de prematrícula que deberá cubrir antes do 24 de xuño na seguinte ligazón:

Xuntanza Orientadora sobre as saídas académicas do alumnado de 4º ESO

O próximo luns 20 de xuño as 19:00h teremos, no Salón de plenos do Concello de Cangas, unha xuntanza orientadora sobre as saídas académicas do alumnado de 4º ESO (Bacharelato e FP).

Calendario de Probas Finais Extraordinarias

Na seguinte ligazón podes descargar o calendario de probas finais extraordinarias.

Boletín Oficial Xeral do IES de Rodeira

Logotipo Boinx

O BOINX (Boletín Informativo Xeral) pretende ser voceiro/calendario/taboleiro  trimestral que aspira a interconectar a nosa comunidade educativa de xeito claro, breve e áxil, complementando a web do Instituto. Envíase ao alumnado, profesorado, familias e institucións.

Titorial pago taxas títulos

Podes descargar un PDF coa explicación de como pagar as taxas da expedición dun título (BACH, FP) aquí: explicacións pago taxas

Aprobada a Concreción Curricular Xeral

O pasado 3 de maio aprobouse entre o Claustro de profesorado e no Consello Escolar a concreción curricular xeral consonte a Orde do 25/01/22 (avaliación, titulación, promoción, MH).

Pódese acceder ao documento aprobado na seguinte ligazón: Concreción curricular e programacións.

Saída a Barcelona do alumnado de ciencias de 2º bacharelato

O alumnado de 2º BACH realizou unha saída a Barcelona para visitar o sincrotron ALBA. A única fonte de luz de sincrotrón en España.

Alumnado no ALBA

Lucía Fasero (2ºBach E) subcampioa galega da Olimpíada de Economía!

O pasado venres 22 de abril, o IES de Rodeira participou na décimo terceira edición da Olimpíada Galega de Economía na Faculdade de Economía da Universidade da Coruña. Realizaron a proba as alumnas Lucía Fasero e Sheyla Garrido (ambas de 2º de bacharelato E), xunto con outros 130 alumnos de todo o país.
 

Lucía Fasero co premio

Distribuir contido