IES de Rodeira. Avda. de Ourense, s/n - 36940 CANGAS. +34 986 303 933; ies.rodeira@edu.xunta.gal Matrícula, certificados: secretaria@edu.xunta.gal
O obxectivo principal destas probas é acreditar a competencia en lingua estranxeira do alumnado, nos niveis de competencia B1, B2 ou C1, descritos no Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas do Consello de Europa (MCERL), segundo corresponda.
Na seguinte ligazón pódese descargar a listaxe de libros da ESO e Bacharelato para o curso 2022-23.
Actualmente encóntrase aberto o prazo de matrícula para a ESO de Adultos (ESA) e tamén para as Ensinanzas Básicas Iniciais (EBI).
As persoas interesadas poden pasar pola Secretaría do centro para solicitar máis información.
Publicación no Boletín Oficial do Estado:
XORNADA PARA FAMILIAS DO ALUMNADO
SOAMENTE PARA PROXENITORES (NON ALUMNADO)
Por razóns de espazo, só pode asistir un/unha responsábel por cada alumno/a
Farase a recepción no patio do instituto polo equipo directivo e ANPA para explicar as cuestións fundamentais do centro. A seguir cada familia acompañará á persoa titoria á aula de referencia do grupo do seu/súa fillo/a.
O alumnado que se matricula en materias de 2º de Bacharelato condicionadas á superación dunha materia de 1º, poderá realizar unha acreditación para a súa superación, antes do inicio das clases lectivas.
Data de entrega de boletíns de notas (agás 2º BACH): mércores 29 de xuño
Hora: 10 da mañá.
Lugar: aula de todo o curso
Toda a información actualizada sobre o proceso de admisión e matrícula na ligazón: