Entrar

 

  IES de Rodeira. Avda. de Ourense, s/n - 36940 CANGAS. +34 986 303 933; ies.rodeira@edu.xunta.gal Matrícula, certificados: secretaria@edu.xunta.gal

Actividades

Visita a Quenlla Cómics

03/05/2024 10:30
03/05/2024 12:30
Europe/Madrid

O alumnado de 3º da ESO de Proxecto Competencial visita Quenlla Cómics.

Excursión a Porto

03/05/2024 08:30
03/05/2024 20:00
Europe/Madrid

O alumnado realizará unha visita guiada a Porto e á Livraria Lello. Considerada como unha das máis bonitas do mundo, foi construída polo enxeñeiro Francisco Xavier Esteves no 1906.

 

Resultado do sorteo da saída "Camiño de Santiago"

Celebrouse a día de hoxe, 24 de abril de 2024, o sorteo para outorgar o premio entre o alumnado participante na saída do "Camiño de Santiago", resultando o boleto número 0414.

Parabéns á persoa agraciada! Xa pode pasar por dirección para recoller o premio.

Olimpiada matemática

25/04/2024 09:20
25/04/2024 14:10
Europe/Madrid

Alumnos de 2º da ESO preséntanse en Vigo ó concurso de resolución de problemas "Olimpíada Matemática".

 

FP Innova

25/04/2024 00:00
Europe/Madrid

O alumnado do Ciclo Medio de Electrónica asistirá ó Congreso de Innovación na Formación Profesional, FP Innova Galicia 2024 no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela. 

 

Excursión Braga-Guimarães

24/04/2024 08:30
25/04/2024 17:00
Europe/Madrid

Parte do alumnado de Portugués realiza unha viaxe a Portugal para visitar as cidades de Braga e Guimarães e ter un contacto directo coa lingua portuguesa. 

Excursión a Celanova e Vilanova dos Infantes 2ºESO

22/04/2024 09:20
22/04/2024 19:00
Europe/Madrid

O alumando de 2º da ESO viaxará a Celanova para visitar A Casa dos Poetas, o Mosteiro de San Rosendo. A continuación irá a coñecer Vilanova dos Infantes. Finalmente irá ver Castromao. 

Charla orientación UDC dirixida ó alumnado de 2ºBACH

16/04/2024 12:30
16/04/2024 13:20
Europe/Madrid

O alumnado de 2ºBACH recibirá no noso IES unha charla de orientación de saídas profesionais a cargo da UDC. 

Excursión á Madrid

15/04/2024 08:30
19/04/2024 20:00
Europe/Madrid

Parte do alumnado de 1º BACH viaxará a Madrid para coñecer a cidade, visitar parte dos seus museos e para acudir a un musical. 

Camiño Portugués

15/04/2024 09:20
19/04/2024 19:00
Europe/Madrid

Parte do alumnado de 1º BACH, realizará o Camiño Portugués a Santiago do 15 ó 19 de abril. 

Distribuir contido