Skip to Content

Se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2018

08/02/2018 08:55
Europe/Madrid

Se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2018, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.

  • O prazo para a presentación de solicitudes será do 8 de febreiro ata o 7 de marzo (incluído)

  • A información sobre este programa, así como a aplicación "en liña" que se refire na convocatoria, atoparase na páxina web http://www.edu.xunta.es/axudasle.

Día de Internet Segura 2018

04/02/2018
Europe/Madrid

 

O Día da internet Segura, “Safer Internet Day” ( SID, polas súas siglas en inglés) é un evento promovido pola rede INSAFE/INHOPE co apoio da Comisión Europea, que se celebra cada mes de febreiro co obxectivo de promover un uso seguro e positivo das tecnoloxías dixitais, especialmente entre nenos/as e xoves.

 

O SID celébrase o segundo día da segunda semana do segundo mes do ano e reúne a millóns de persoas de todo o mundo para impulsar cambios positivos e concienciar acerca da seguridade na internet.

 

En 2018 celebrarase o 6 de febreiro e dende o IES de Poio queremos colaborar con esta iniciativa: visita a exposición sobre a Seguridade en Internet que terá lugar no centro, e visita a nova sección da páxina web do IES onde podes atopar todo tipo de información sobre o tema.

 

Esta iniciativa lévase a cabo gracias á colaboración dos equipos de Dinamización Lingüística, Dinamización TIC e Dinamización Internacional-eTwinning.

 

 

 

PROA 2018

31/01/2018 08:14
Europe/Madrid

INICIO DO PROA: MARTES 6 DE FEBREIRO

HORA: 18:30

REMATE: 20:30 

LUGAR: INSTITUTO

A recollida do alumnado farase na parada sinalada na solicitude de participación.

O IES DE POIO PARTICIPA NA CAMPAÑA "EN NEGRO CONTRA A VIOLENCIA"

O IES de Poio realizou diversas actividades na semana na que se celebra o Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra a Muller.

http://bibliotecaiespoio.blogspot.com.es/2017/11/25-de-novembro-contra-as-violencias.html

https://www.instagram.com/iespoiobiblioteca/

 

 

Ademais as rapazas de Zumba bailaron para solidarizarse coas vítimas. Podedes ver o vídeo premendo na seguinte ligazón:

https://vimeo.com/244466652

 

ENCONTROS CON MARÍA SOLAR

 

O 21 de novembro, un grupo de 44 alumnos e alumnas de 3º da ESO fomos a Pontevedra, ao Teatro Principal, para participar nun encontro coa escritora María Solar.

Chegamos sobre as 10.15 (fomos os primeiros!) e mentres agardabamos a que fose hora de entrar, sacamos algunhas fotos.

Xa dentro do teatro, sentamos nas dúas primeiras filas, polo que había que botar un pouco o pescozo para atrás, pero así tamén viamos mellor. Viña tamén alumnado doutros institutos.

No escenario do teatro estaban Marta López, que é unha científica do CSIC, Luisa Martínez, a moderadora; e María Solar, a autora de Os nenos da varíola, o libro que lemos en galego este trimestre.

Os nenos da varíola conta a expedición humanitaria que a principios do século XIX se organizou desde a coroa española e se levou a América. Nesta época, a varíola mataba a milleiros de persoas, así que os médicos decidiron levaron a vacina da varíola ao novo continente. Pero, como dixo María Solar, daquela non había neveiras, a vacina non se podía conservar, e a única maneira de conservala era levala no propio corpo das persoas. Para iso escolléronse 22 nenos orfos de Madrid, Coruña e Santiago que, acompañados da reitora do hospicio da Coruña, Isabel Zendal, e de dous médicos da Corte, se dirixiron ao continente americano para salvar as vidas de centos e centos de persoas.

Hoxe en día, esta enfermidade xa non existe no noso planeta, pero os científicos conservan dúas mostras do virus: unha en Estados Unidos e outra en Rusia, para posibles investigacións. Ao final do acto, mediante unhas cartolinas, tivemos que decidir que fariamos nós co virus, se destruílo definitivamente ou gardalo. Non nos puxemos de acordo!

Pouco despois das 11.30 xa saímos do Teatro, demos un pequeno paseo, merendamos e regresamos ao instituto.

 

 

 

EDUCANDO CONTRA VIOLENCIA DE XÉNERO. 1°ESO-A

Educando contra a violencia de xénero. O grupo de 1°ESO-A elaborou pulseiras con mensaxes que rexeitan a violencia de xénero.

Campaña de Solidariedade Vial

13/11/2017 14:27
Europe/Madrid

A Policía Local de Poio en colaboración cos Servicios Sociais do Concello de Poio poñen en marcha unha Campaña de Solidariedade Vial, na que se recollen sistemas de retención infantil (sillas, elevadores...) para poder entregarllas ás familias que os necesiten e darlle a formación necesaria para un uso axeitado. Esta campaña dou comezo o día 25 de setembro e rematará o 25 de decembro.

 

     Os sistemas de retención poderán ser entregados nas dependencias da Policía Local sita Praza Mosteiro, 1 - Poio, onde lles facilitarán unha ficha para deixar os seus datos e rexistrar a entrega, ou ben chamando ao 689 575 495.

Distribuir contido


by Dr. Radut