Skip to Content

Anímate a facer Ciencia!

O alumnado de 4º da ESO do IES de Poio tivo o curso pasado a oportunidade de participar por primeira vez na feira científica da Galiciencia organizada na Tecnólope (San Cibrán de Viñas, Ourense). O entusiasmo e a ilusión amosada polo noso alumnado nesa visita, especialmente polas rapazas, fixo que, neste novo curso, un grupo de profesorado do centro nos propoñamos poñer en marcha un Club de Ciencia.  
 
A iniciativa deste proxecto parte da estratexia da Consellería de Educación por promover as vocacións STEM entre o alumnado galego e, ao mesmo tempo, pretende dotalos dos recursos e ferramentas precisas para o bo uso da tecnoloxía.
 
Coa implantación do Club de Ciencia, a comunidade educativa, avalada polo equipo directivo, pretende incentivar o interese pola Ciencia no noso alumnado, procurando dese xeito a mellora do rendemento académico e a redución do abandono escolar.
 
 
 


page | by Dr. Radut