Como buscar?

Seguramente moitas veces ao longo deste e dos vindeiros cursos terás a necesidade de facer uso dos recursos da biblioteca. Os motivos poder ser moi variados: atopar un libro de lectura obrigatoria dunha asignatura, atopar fontes de información para algún traballo, atopar unha lectura para os teus momentos de lecer…

Aínda que na biblioteca atoparás sempre a alguén disposto a axudarte, é importante que sexas autónomo á hora de ATOPAR o que buscas.

Dentro da biblioteca, se botamos unha ollada, veremos que en algúns estantes hai uns carteliños:

cartel

Fíxate nestes carteliños. Hai un recadro de cor onde hai un número (ás veces tamén hai letras). Ao lado está a explicación de a que corresponde este número. Este carteliño indícanos que aí poderemos atopar cómics e tebeos.