Horario

A biblioteca permanecerá aberta durante os recreos e vixiada por un docente de garda quen, ademais de manter a orde e o silencio, ten a obriga de facilitar os libros, DVDs… para o préstamo, deixalos rexistrados, recoller os materiais devoltos e vixiar o bo uso dos ordenadores.

A relación do profesorado de garda de biblioteca estará colocada na porta de acceso á mesma.

Durante as horas lectivas a biblioteca estará dispoñible sempre e cando haxa un membro do equipo de dinamización da biblioteca que teña a ben facilitar información ou deixar en préstamo periódicos, revistas, dicionarios, libros de lectura… que demande calquera profesor para a súa aula a través dun

alumno co compromiso de devolución antes de finalizar a súa clase.

Así mesmo, como é natural, todos os docentes do centro poderán utilizar a biblioteca como aula ou lugar de traballo para o seu grupo de alumnos responsabilizándose do seu uso.

De haber alumnado de segundo de bacharelato ou ESA con materias pendentes que teñan horas libres en horario lectivo, a biblioteca estará aberta para eles sempre que o precisen e non impidan o desenvolvemento normal das actividades que se estean a facer e, por suposto, cumpran as normas establecidas. O profesorado que opte por dar a súa materia na biblioteca terá liberdade para solicitar a súa retirada.