Normas de funcionamento
Horario
A relación do profesorado de garda de biblioteca estará colocada na porta de acceso á mesma.
Durante as horas lectivas a biblioteca estará dispoñible sempre e cando haxa un membro do equipo de dinamización da biblioteca que teña a ben facilitar información ou deixar en préstamo periódicos, revistas, dicionarios, libros de lectura… que demande calquera profesor para a súa aula a través dun
alumno co compromiso de devolución antes de finalizar a súa clase.
Así mesmo, como é natural, todos os docentes do centro poderán utilizar a biblioteca como aula ou lugar de traballo para o seu grupo de alumnos responsabilizándose do seu uso.
De haber alumnado de segundo de bacharelato ou ESA con materias pendentes que teñan horas libres en horario lectivo, a biblioteca estará aberta para eles sempre que o precisen e non impidan o desenvolvemento normal das actividades que se estean a facer e, por suposto, cumpran as normas establecidas. O profesorado que opte por dar a súa materia na biblioteca terá liberdade para solicitar a súa retirada.