Uso dos ordenadores da biblioteca

Os ordenadores da biblioteca só se poderán empregar con permiso dun profesor e na súa presenza.

Para usar os ordenadores o alumnado deberá cumprimentar integramente a folla de utilización indicando. nº de ordenador, hora de comezo, nome, apelidos, curso e grupo, profesor/a acompañante e sinatura do alumno/a.

O uso dos ordenadores limitarase única e exclusivamente á realización de traballos e busca de información académica.

Por razóns organizativas ou outras debidamente xustificadas, de forma excepcional, poderá limitarse parcial ou totalmente por un tempo determinado o uso diario dos ordenadores.

Como máximo haberá dous alumnos por ordenador.

Queda terminantemente prohibida a instalación de programas e aplicacións ou calquera modificación da configuración dos ordenadores por parte dos usuarios.

Para descargar ficheiros de Internet deberase pedir permiso á persoa encargada da Biblioteca.

Non se deixarán arquivos no disco duro dos ordenadores. Os alumnos empregarán chaves USB, DVD ou calquera outro método de almacenamento pertinente para almacenar os arquivos.

Para escoitar música ou calquera arquivo que conteña son, o alumno ou alumna deberá empregar auriculares propios.

Se houber moita demanda dos ordenadores, realizarase un cadro de reservas de uso onde o alumnado poderán apuntarse previamente.

O usuario faise responsable dos danos que puidese ocasionar ao equipo por un uso indebido do mesmo.

O usuario que estea utilizando o ordenador deberá asegurarse de que quede totalmente apagado cando remate a sesión lectiva (hora de clase ou recreo).

O incumprimento dalgunha destas normas, así como o uso indebido do mesmo por parte dalgún usuario, poderá supoñer a adopción das medidas sancionadoras e correctivas pertinentes.