• Equipamento informático, web, aula virtual, EDIXGAL...

    PROXECTO TIC

      

    Equipamentos

    Proxectos de centro: ABALAR - EDIXGAL

    SALA DE PROFESORES

    Tres ordenadores e unha impresora a disposición do profesorado .

    Préstamo de portátiles ao profesorado participante en EDIXGAL.

    IMPORTANTE: Libro de incidencias TIC na Sala de Profesores.

    AULA DE INFORMÁTICA - AULA 5

    Está dotada con 14 ordenadores. Un deles é para uso do profesor que está conectado a un canón proxector de curta distancia. A maioría dos ordenadores foron renovados no curso 15-16. Todos os equipos teñen conexión a rede cableada. Hai dúas impresoras que funcionan compartidas na rede. Tamén se dispón dun escáner.

    A Aula 5 está dotada con 9 ordenadores para uso do alumnado nas sesións lectivas que foron asignadas.

    O uso das aulas de informática está aberto a toda a comunidade educativa. A distribución de horas por departamentos realizarase a comezo de cada curso académico e terá en conta a dedicación, como mínimo, dunha hora á semana para labores de mantemento. O uso das aulas de informática fóra deste horario implicará reserva previa polo procedemento que acorde o profesorado interesado. En calquera caso, cómpre garantir o cumprimento das seguintes normas mínimas:

      1. O alumnado deberá ir e permanecer acompañado por un profesor/a.
      2. Identificación da ubicación do alumnado nas aulas de informática. Os alumnos/as deberán cumprimentar integramente a folla de utilización dos equipos indicando: nº de ordenador, sesión de clase, nome, apelidos, curso e grupo e profesor que imparte a clase.
      3. O alumnado é responsable do estado do posto de traballo que emprega.
      4. Prohíbese a instalación e desinstalación de software así como a modificación da configuración dos equipos por parte dos usuarios, incluíndo fondos de escritorio e salvapantallas.
      5. Os arquivos que deixen os alumnos/as no disco duro deberán gardarse exclusivamente no cartafol “Os Meus Documentos” e situados á súa vez noutro cartafol que identifique a materia e curso.
      6. As incidencias notificaranse ao equipo de dinamización TIC empregando o parte correspondente que se recollerá semanalmente. Neste parte reflectirase o día, hora, curso, grupo, profesor/a encargado/a do grupo e a natureza da incidencia. Por exemplo, non funciona un ordenador, impresora, teclado, rato, etc.; problemas de conexión; danos no material ou instalacións; calquera outra incidencia destacable.
      7. Ao rematar a clase o profesor/a deberá verificar o apagado de todos os equipos.

    O centro participa no proxecto EDIXGAL desde o curso 2017-2018 nos niveis de 1.º e 2.º ESO. Todos os alumnos/as destes niveis contan cun equipamento informático en réxime de préstamo. O alumnado accede coa súa clave persoal aos libros dixitais e materiais a través da plataforma EVA.

    Todo o profesorado ten acceso á plataforma EVA co seu nome de usuario e contrasinal do correo corporativo. 

    ABALARMÓBIL é unha aplicación que se pode instalar tanto no teléfono móbil como nunha táblet, e que permite ás familias consultar a información de calquera dos seus fillos a través destes dispositivos.

     

    BIBLIOTECA

    A biblioteca está dotada con nove ordenadores e unha impresora. Normas:

      1. Os ordenadores da biblioteca só se poderán empregar con permiso dun profesor e na súa presenza.
      2. Para usar os ordenadores o alumnado deberá cumprimentar integramente a folla de utilización indicando. nº de ordenador, hora de comezo, nome, apelidos, curso e grupo, profesor/a acompañante e sinatura do alumno/a.
      3. O uso dos ordenadores limitarase única e exclusivamente á realización de traballos e busca de información académica.
      4. Por razóns organizativas ou outras debidamente xustificadas, de forma excepcional, poderá limitarse parcial ou totalmente por un tempo determinado o uso diario dos ordenadores.
      5. Como máximo haberá dous alumnos por ordenador.
      6. Queda terminantemente prohibida a instalación de programas e aplicacións ou calquera modificación da configuración dos ordenadores por parte dos usuarios.
      7. Para descargar ficheiros de Internet deberase pedir permiso á persoa encargada da Biblioteca.
      8. Non se deixarán arquivos no disco duro dos ordenadores. Os alumnos empregarán chaves USB, DVD ou calquera outro método de almacenamento pertinente para almacenar os arquivos.
      9. Para escoitar música ou calquera arquivo que conteña son, o alumno ou alumna deberá empregar auriculares propios.
      10. Se houber moita demanda dos ordenadores, realizarase un cadro de reservas de uso onde o alumnado supoñer a adopción das medidas sancionadoras e correctivas pertinentes.

    Servizos na rede

    A presenza do IES de Mugardos na rede estará controlada polo Consello Escolar que velará pola imaxe do centro e a adecuación dos contidos publicados en internet aos principios educativos e á correcta divulgación das actividades académicas. Considéranse servizos informáticos do centro:

      • Os ofrecidos a través de Webs dinámicas da Consellería de Educación: páxina web, aula virtual e galería de imaxes.
      • Contas de usuario rexistradas pola dirección: blogs, repositorio de materiais, redes sociais, plataformas educativas...

    Para o desenvolvemento da actividade docente, os profesores/as poderán recorrer a estes servizos ou crear as súas propias contas das que serán responsables e recollerán o seu uso nas programacións didácticas e memoria final de curso. A publicación de imaxes do alumnado está supeditada á lexislación vixente.

    Política de centro no uso de imaxes de menores

    De xeito xeral, coa matrícula recóllese a autorización dos pais, nais ou titores legais dos menores de idade que pode ser actualizada ou revogada en calquera momento. 
    Para calquera evento que se considere necesario, poderá solicitarse a autorización específica para esa actividade.

    As imaxes expostas na web do centro de menores matriculados no mesmo:

    • Son de carácter persoal e identificables (art 5.1)
    • Constan dos devanditos permisos dos pais/nais/titores legais renovados anualmente nas matrículas pertinentes (art. 6.1)
    • Son utilizados nun eido estrictamente educativo tendo como finalidade amosar as experiencias realizadas no centro á comunidade educativa (art 4.2)

    Con todo, se os pais, nais ou titores legais: 

    • Precisan que se rectifique, anule, cancele unha imaxe ou un dato por determinados motivos xustificados (art 18.2)
    • Están interesado en anular/revocar a autorización existente no centro (art 31.2)

    Deberán poñerse en contacto coa dirección do centro e tomaranse as respectivas medidas.

    INTRANET

    WEB DINÁMICAS

    REDES SOCIAIS

    Plurilingüísmo. Linguas por materia. Biblioteca, EDL.SALA DE XUNTAS