• Xefatura de Departamento, programacións

    DEPARTAMENTOS DIDÁCTICOS

    NORMATIVA - XEFATURA DE DEPARTAMENTO - FUNCIÓNS

    Decreto 324/1996, do 26 de xullo. TÍTULO III

    REUNIÓNS 

    As reunións dos departamentos didácticos faranse como mínimo unha vez ao mes, logo da convocatoria da xefatura do departamento. As ditas reunións terán o mesmo carácter que as do claustro de profesores e computaranse dentro das sete horas complementarias non fixas».  [ORDE do 4 de xuño de 2012]

    ELECCIÓN DE HORARIOS

    Inmediatamente despois do citado claustro reuniranse os distintos departamentos en sesión extraordinaria para distribuír áreas, materias, cursos, módulos e, se é o caso, quendas entre o persoal que forma parte destes de acordo cos criterios establecidos no punto 91 destas instrucións. De todas as circunstancias e acordos que se produzan na dita reunión levantarase acta que será asinada por todos os membros que constitúan nese momento cada departamento. Ao final da reunión cada departamento entregará copia da acta á xefatura de estudos. [ORDE do 28 de xuño de 2010]

    DOCUMENTOS


    PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS


    Protocolo programción
    Elementos da programación didáctica

    INSTRUCIÓNS:

    • Os elementos que, como mínimo, debe recoller a programación didáctica en ESO e BAC están recollidos no artigo 24.3 da Resolución do 15 de xullo de 2016 (DOG do 1 de agosto).
    • A programación didáctica das ensinanzas correspondentes ao ciclo, as áreas, materias ou módulos integrados no departamento debe ser elaborada polo departamento didáctico, os equipos de ciclo e os equipos docentes de cada curso, tal e como se establece no artigo 9 da Orde do 7 de xuño de 2016 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2016/17.(DOG do 15 de xuño)
    • Os xefes de departamento, coordinadores de ciclo e, por extensión, os titores responsables se responsabilizarán da redacción da programación didáctica, tal e como se establece nos artigos 17.f) e no artigo 25.c) do Decreto 7/99 do 7 de xaneiro de 1999(DOG do 29 de xaneiro)
    • O xefe de departamento en secundaria, os titores responsables en primaria e os coordinadores de ciclo serán os encargados de trasladar as programacións á xefatura de estudos.(artigo 9.3 da Orde do 7 de xuño de 2016)
    • A dirección do centro remitirá as programacións ao servizo de inspección.
    • Na supervisión que realizará este servizo de inspección se prestará especial atención aos seguintes aspectos: Procedementos e instrumentos de avaliación, Criterios de cualificación, Mínimos esixibles, Recuperación de pendentes, Información ás familias.
    • Estes serán os modelos para o traslado das programacións, tanto das xefaturas de departamento, titores responsables e coordinadores á xefatura de estudos como da xefatura de estudos á dirección.
    • Outros aspectos a ter en conta:
      • As programación deberán estar paxinadas e levar un índice.
      • Prestarase especial atención ao apartado g): Criterios sobre a avaliación, a cualificación e a promoción do alumnado no que se deberá incluír, de forma clara e concreta, como vai ser avaliado o alumnado, o que debe facer para superar a materia e a forma na que se calculará a súa cualificación. Non se deben incluír afirmacións do tipo “o profesorado poderá facer...” senón “faranse ...”. Tamén se especificará de xeito claro todo o referente á avaliación extraordinaria.
      • (BACHARELATO) Segundo o artigo 21 da Resolución citada anteriormente, o alumnado poderá cursar en segundo materias condicionadas á superación das correspondentes materias do primeiro curso non cursadas en primeiro. Esta acreditación poderase realizar:
      1. Cursando e superando a correspondente materia de primeiro.
      2. O alumnado poderá matricularse da materia de segundo curso sen cursar a correspondente materia de primeiro curso, sempre que o profesorado que a imparta considere que o alumno ou a alumna reúne as condicións necesarias para poder seguir con aproveitamento a materia de segundo. En calquera caso, a decisión de que o alumnado reúne as condicións para poder seguir con aproveitamento a materia de segundo curso, deberá adoptarse segundo criterios obxectivos e avaliables, de maneira que sexa posible acreditar tal condición. O departamento didáctico correspondente poderá realizar unha proba. A data límite para a realización desta acreditación será antes do inicio das actividades lectivas. Desta circunstancia deixarase constancia mediante unha dilixencia no historial académico, no expediente académico e, de ser o caso, por medio de observación no informe persoal por traslado.

    Información ás familias

    RESUMO DAS PROGRAMACIÓNS POR MATERIAS
     
    ESO BACHARELATO
    1.º ESO 2.º ESO 3.º ESO 4.º ESO 1.º Bac 2.º Bac


    Profesorado: permisos, licenzas e báixas médicasPlurilingüísmo. Linguas por materia. Biblioteca, EDL.