Esquema de temas

  • CALENDARIO E PLANIFICACIÓN

    CURSO 2019-2020:


    PLANIFICACIÓN

    ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES E COMPLEMENTARIAS

    CONMEMORACIÓNS

     Durante o curso escolar celebraranse, como mínimo, as seguintes conmemoracións:

    • 20 de novembro de 2019: Día Universal da Infancia.
    • 25 de novembro de 2019: Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
    • Do 2 ao 9 de decembro de 2019: conmemoración da Constitución e do Estatuto de autonomía de Galicia.
    • 3 de decembro de 2019: Día Internacional das Persoas con Discapacidade.
    • 10 de decembro de 2019: Día da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.
    • 30 de xaneiro de 2020: Día Escolar da non Violencia e da Paz.
    • 8 de marzo de 2020: Día Internacional da Muller.
    • 15 de marzo de 2020: Día Mundial dos Dereitos do Consumidor.
    • Do 9 ao 13 de marzo de 2020: Semana da Prensa. Un día desta semana traballarase na aula con xornais.
    • 7 de abril de 2020: Día Mundial da Saúde.
    •  Entre o 20 e o 24 de abril de 2020: Semana do Libro.
    • 2 de maio de 2020: Día Internacional contra o Acoso Escolar.
    • 9 de maio de 2020: Día de Europa.
    • Do 11 ao 15 de maio de 2020: Semana das Letras Galegas.
    • 5 de xuño de 2020: Día Mundial do Medio Ambiente.

    De conformidade co establecido no artigo 26.2 da Lei 2/2014, do 14 de abril, pola igualdade de trato e a non discriminación de lesbianas, gais, transexuais, bisexuais e intersexuais en Galicia, para favorecer a visibilidade e integrar de forma transversal a diversidade afectivo-sexual, os centros docentes sostidos con fondos públicos realizarán actividades específicas próximas ás datas de celebracións internacionais relacionadas co recoñecemento efectivo do dereito destas persoas.