Ao abeiro da lei que regulaba a creación de asociación de estudantes nos centros de ensino e co apoio da dirección, o 23 de xaneiro de 1996 apróbanse os estatutos da AEG. Os seus fins sociais son "fomentar en todos os estamentos do Centro o uso do noso idioma, defender todo aquilo relacionado coa paisaxe, fomentar as actividades culturais e deportivas relacionadas coa realidade do pobo galego." En realidade, deixábase en mans do alumnado as funcións os propósitos dun Equipo de Normalización Lingüística. As cotas mensuais eran de "vinte pesos" (100 pesetas) máis unha de alta. Deste xeito, chegararon a ter máis de trinta asociados e planificaron actividades para máis de catrocentos alumnos: charlas, celebracións, concertos e a revista que tirou uns cinco números. Estes son algúns dos seus nomes: Mákina, Joaquín, Potro, Jipi, Martita, Begoña, Kampos, David, Fran, Simón, Antía, Bernardo, Jessica, Anabel, Fon, César, Lidia, Pipo, Sabela, Sara V., Pablo V., Xulia, Yosi, Sara M., Abelardo, Carmen, Figo, Carlota, Job, Gloria, Raúl, Meetball... César Pena figurou como presidentes: "porque había que poñelo nun papel, pero non había xerarquías na AEG. Eramos todos un pouco lieiros: a un tiráballes o deporte, a outros a música, a outros máis o ecoloxismo, a poesía, o debuxo... incluso os profesores colaboraron desde o primeiro número do noso voceiro".
|
N.º 1 N.º 2
O sorprendente non é tanto o formato da revista (16 páxinas fotocopiadas de textos mecanografados e fotos case irrecoñecibles) como os contidos. Sorprende, se cadra, pola clara liña ideolóxica que xa revelaban na primeira mocidade. No político, non se oculta nin na estética o nacionalismo de esquerdas. No social, o ecoloxismo e a dedicación a asuntos de intenso debate xeracional daquela como a supresión do servizo militar obrigatorio. No cultural, o apoio ao deporte local e aos equipos galegos ou a vinculación dos gustos musicais co movemento “rock bravú”.
|