FAMILIAS - ANPA O Castro
|
Lingua Galega
Entrevista con Patricia Casal sobre o Castelo da Palma
Enviado por admin o Dom, 25/02/2024 - 02:00
|
Escoita Radio na Biblio Antía Martínez, Eneas Pérez e Íker Fernández (4.º ESO) |
#AQUÍTAMÉNSEFALA
Enviado por admin o Lun, 05/02/2024 - 22:02#aquítamensefala
Xaneiro e febreiro de 2024
3º. e 4.º ESO
Somos un pobo de artistas
Enviado por Serafín o Mar, 31/10/2023 - 00:12
Somos un pobo de artistas
|
Obradoiro de música e orgullo neofalante
Enviado por Serafín o Mar, 03/10/2023 - 23:23O 1 de outubro, aniversario do nacemento de Andrés Dobarro, está a ser a data elixida para celebrar o día do Orgullo Neofalante. Con ese gran obxectivo de unir música e novos falantes para a lingua galega, o alumnado de 1.º ESO asistiu hoxe ao obradoiro de creación de pódcast sobre música en galego. Foi impartido por Andrea Rico, organizado como unha das últimas actividades do servizo de dinamización lingüística da mancomunidade de concellos.
Tras un breve repaso musical desde os tempos de Andrés Dobarro ata os do Xabarín Club, escoitamos moita música galega actual.Rematamos co gran tema dos Dakidarría, "Somos un pobo de artistas". Agora tócalles aos rapaces contarnos esta historia nun próximo programa de radio. Atentos logo a Radio na Biblio.
Obradoiro de creación de pódcast sobre música en galego (1.º ESO)
Enviado por admin o Xov, 28/09/2023 - 22:01Martes, 3 de outubro
10:45 - 12:25
1.º ESO
Biblioteca
O galego dá moito xogo (Letras Galegas, 2023)
Enviado por reicastromicaela o Lun, 22/05/2023 - 13:15Actividade na que participou o alumnado de 6º de primaria do CEIP Apóstolo Santiago de Franza e mais do CEIP Unión Mugardesa, xunto co alumnado de 1º e 2º da ESO do IES Mugardos. Os participantes, divididos en grupos, comezaron coa Carreira da Lingua na que obtiñan pistas para elaborar un cadro sobre Francisco Fernández del Riego. Logo os equipos participaron en distintos xogos.
Colaborou na organización o servizo municipal de deportes e o SNL da mancomunidade.
Maios, 2023
Enviado por Serafín o Xov, 11/05/2023 - 22:38Un ano mais, Mugardos voltou a recuperar a festa dos Maios impulsada pola asociación cultural Apelón Educación para os centros educativos. O alumnado deuse cita no cantón de Cora para a realización dos monumentos vexetais. No noso caso, participapamos co alumnado de 1.º ESO, que confeccionou unhas coplas, e o mais FP Básica, que se encargou da estrutura do barco floral. Ademais, axudaron aos máis cativos a colocar as flores.
Viaxe de estudos á cidade do Porto
Enviado por reicastromicaela o Dom, 02/04/2023 - 14:17Na Praça da Galiza. Monumento a Rosalia de Castro | Vistas desde parque do Palácio de Cristal | Livraria Lello & Irmaos | |||||
Foz do Douro (Matosinhos) | O guia Sérgio conta a história do romancista Camilo Castelo Branco | Metro | Estaçao de San Bento | ||||
Escadas da Sé | Vistas do Douro | Cruzeiro das seis pontes | Gáia | ||||
Viagem à cidade do Porto
|
|||||||
Museo dos Descubrimentos | Restaurante Novo Paris |
IES de Mugardos
|
Día de Rosalía
Enviado por reicastromicaela o Ven, 03/03/2023 - 15:09A asociación cultural Apelón Educación invitou ao alumnado de 3º ESO do IES Mugardos a un roteiro pola vila coa poesía de Rosalía como guía para descubrir parte da súa historia.
Coreografía "Figa" de Tanxugueiras
Enviado por Anónimo o Ven, 23/12/2022 - 16:19Baile para o segundo certame Coreografíate na categoría de centros de ensino.
Bailadoras: Nerea, Noemí, Cloe, Martina, Lara, Antía, Rebeca, Anxo, Adriana e Faia.
Coordinación: Eva de la Torre e Micaela Rei
Montaxe do vídeo: MIguel Gil
Aulas de galego no Centro de Interpretación do Caldoval
Enviado por Anónimo o Mér, 28/09/2022 - 19:41#5díasengalego
Enviado por Serafín o Sáb, 14/05/2022 - 14:40
Maios, 2022
Enviado por Serafín o Xov, 12/05/2022 - 20:36Este luns, 9 de maio, Mugardos voltou a recuperar a festa dos Maios impulsada pola asociación cultural Apelón Educación para os centros educativos. Logo de dous anos sen podermos baixar á vila, o alumnado deuse cita no cantón de Cora para a realización dos monumentos vexetais. No noso caso, participapamos co alumnado de 1.º ESO, que confeccionou unhas coplas, e o mais FP Básica, que se encargou da estrutura do barco floral. Ademais, axudaron aos máis cativos a colocar as flores. Para completar a festa actuou a cantautora MJ Pérez.
Escritoras SENLLEIRAS das Letras Galegas con Pedro Brandariz
Enviado por Serafín o Mér, 19/05/2021 - 22:30
Para celebrarmos as Letras deste ano contamos coa presenza de PEDRO BRANDARIZ (cómico, actor, clown, monologuista, contacontos, cabareteiro...) Nas aulas de 1.º e 2.º ESO presentounos a historia das cinco figuras SENLLEIRAS do Día das Letras Galegas. Só cinco mulleres entre máis de 50 homes elixidos para esta conmemoración. En fin, aprendemos ou lembramos moitos datos de Rosalía de Castro, Francisca Herrera, María Mariño, M.ª Victoria Moreno e, por suposto, Xela Arias.
|
Recital de Rosalía de Castro (3.º ESO)
Enviado por Anónimo o Lun, 01/06/2020 - 20:21En colaboración co profersor Diego Calvo, do departamento de Tecnoloxía
Maios confinados, 2020
Enviado por Serafín o Ven, 08/05/2020 - 18:46Este ano non baixamos ao cantón de Cora cos nosos maios e coplas. Mais iso non foi motivo para que celebrásemos a chegada da primavera con esta celebración que en Mugardos se intenta revitalizar desde hai tres anos. Estes son os maios confinados do alumnado de 1.º ESO.
Día da Lusofonía (5 de maio)
Enviado por Serafín o Mar, 05/05/2020 - 20:39Hoje é o Dia da Língua Portuguesa e da Cultura Lusófona. Lembrai o mapa, o trabalho de pesquisa e o vídeo:
A seguir podes visitar o site da RAG dedicado ao autor das Letras Galegas de este ano, Ricardo Carvalho Calero.
Teletraballo
Enviado por Serafín o Sáb, 21/03/2020 - 13:591.º ESO
No período de suspensión das clases presenciais, as actividades lectivas continuarán
no Espazo Virtual de Aprendizaxe (EVA) do proxexto EDIXGAL.
Soporte Premium
Correo electrónico: soporte.premium@edu.xunta.es
Teléfono: 881 86 99 00
Maios, 2019
Enviado por admin o Xov, 02/05/2019 - 22:49O alumnado de 1.º ESO participou esta mañá na recuperación da Festa dos Maios, impulsada pola asociación cultural Apelón Educación, cos centros educativos do concello. Velaquí o noso maio e as coplas lidas esta mañá no Cantón de Cora.
Visita da escritora Antía Yáñez
Enviado por Serafín o Mér, 20/03/2019 - 10:52Este mércores, 20 de marzo, visitounos a escritora ANTÍA YÁÑEZ para analizar e comentar co alumnado as súas dúas obras: O misterio de Portomarín, cos lectores de 1.º ESO; e Senlleiras, cos de 2.º de bacharelato. Os encontros coa autora desenvolvéronse na biblioteca con atención e moita participación dos lectores/as. Ao final das sesións, tamén asinou numerosos exemplares.
E ti, aínda non coñeces a ANTÍA YÁÑEZ? Deixámosvos co booktrailler realizado polos lectores máis novos do instituto:
Festa dos Maios, 2018
Enviado por Serafín o Ven, 04/05/2018 - 22:57O alumnado de 1.º ESO participou esta mañá na recuperación da Festa dos Maios, impulsada pola asociación cultural Apelón Educación, cos centros educativos do concello. Velaquí o noso maio e as coplas lidas esta mañá no Cantón de Cora.
Lingua WÓLOF (I)
Enviado por admin o Dom, 18/06/2017 - 14:45Wólof, Baobab, Griots... Hai xa bastantes anos que temos en Galicia xente procedente do Senegal que fala wólof.
Que sabemos deles, do seu idioma, da súa cultura?
A súa lingua, do mesmo xeito que a nosa, sobreviviu na oralidade e no ámbito familiar.
Este pequeno vocabulario quere ser o inicio dunha estrada lingüística que conecte pobos, xentes e culturas.
Coa colaboración dos alumnos de Bacharelato: Djibril Diagne, Birama Fall e Álvaro Fernández Allegue.
<-- PREME NA IMAXE |
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »