![]() |
FAMILIAS - ANPA O Castro
|
ESO
Premios de audiovisual escolar Olloboi
Enviado por admin o Dom, 31/05/2015 - 19:24Unha boa representación do equipo de gravación da curtametraxe "Sen batería" asistiu á gala de entrega dos premios Olloboi de audiovisual escolar celebrada este sábado en Boiro. Aínda que non resultamos gañadores nas categorías nas que o noso vídeo seleccionado, foi unha grande experiencia. Parabéns, equipo!!!
Excursión a Santiago de Compostela (3.º ESO e Clubs de Lectura)
Enviado por admin o Sáb, 30/05/2015 - 16:50Este venres o alumnado de 3.º ESO e máis os Clubs de Lectura realizaron unha excursión a Santiago de Compostela. Durante a mañá, repartidos en varios grupos, desenvolveron unha actividade de capturas fotográficas pola cidade vella. Mentres tanto, os do club de lectura visitaron a Biblioteca Ánxel Casal e acheegáronse ata a libraría Couceiro onde recibiron explicacións sobre a confección e encadernación clásica de libros.
Pola tarde, realizaron unha visita guiada ao Museo de Historia Natural da USC. O guía de honor foi tamén un mugardés e ex-alumno do centro Daniel Castro.
![]() |
![]() |
Recollida dos tapóns solidarios
Enviado por admin o Mér, 27/05/2015 - 21:13![]() |
![]() |
AS.PA.NE.MI é a Asociación de Pais de Nenos con Minusvalías que apoia a campaña de recollida de tapóns solidarios para Alba. Trátase dunha rapaza de 17 anos con orixe familiar na nosa comarca que padece unha enfermidade chamada ataxia-telangectasia (Ver información en AEFAT).
Esta mañá, a presidenta de AS.PA.NE.MI, Monse Fraga e Mari viñeron buscar os tapóns recollidos ao longo do curso na entrada do instituto e contáronnos como vai a campaña "Alba la promesa". Ademais de agradecer a todas as familias a súa solidariedade e animar a todos a participar co pequeno xesto dun tapón, explicáronos cuestións sobre a reciclaxe do plástico.
No último tráiler enviado á planta de reciclaxe sumaron máis de dez toneladas de plástico. Todo un récord de peso debido ao traballo de selección e limpeza que realiza a propia avoa de Alba e moitos colaboradores. O prezo foi de 250 euros e o total recadado destínase a sufragar a consulta e o tratamento experimental cun especialista.
Por último, enterámonos que recentemente Alba foi operada nun nocello e de momento non pode asistir ás clases no seu instituto. Desde aquí enviámoslle un afectuoso saúdo e algúns quilos de tapóns co cesexo de que se recupere axiña.
1.º ESO
Feira das Matemáticas
Enviado por admin o Sáb, 16/05/2015 - 22:54Alumnos de 3.º ESO coa profesora Covadonga Rodríguez-Moldes atenderon o stand do noso instituto na Feira da Matemáticas, celebrada este sábado na Coruña. Coa particiàción do público conseguiron realizar a 5.º interacción da alfombra de Sierpinski.
![]() |
|
Duatlón escolar en Ares
Enviado por admin o Mar, 05/05/2015 - 22:22Esta mañá o alumnado de 1º e 2º ESO participou, conxuntamente con outros centros educativos de Mugardos e Ares, na actividade deportiva de duatlón escolar polas rúas de Ares. Parabéns aos participantes e aos organizadores.
Viaxe a Guimaraes (2.º ESO)
Enviado por admin o Ven, 17/04/2015 - 18:04O alumnado de 2º. ESO pasará esta fin de semana na localidade portuguesa de Guimaraes dentro das actividades do Programa Terra. Desenvolven un amplo programa de actividades que inclúe a visita ao castro de Briteiros e rutas guiadas polo castelo e a cidade.
Campionato provincial de Orientación
Enviado por admin o Ven, 17/04/2015 - 17:35![]() |
|
O pasado xoves participamos no Esta disciplina deportiva está a ser todo un Salientamos a obtención de medalla de Parabéns a todos e todas. |
CANGURO MATEMÁTICO 2015
Enviado por Covadonga o Xov, 26/03/2015 - 00:49![]() |
![]() |
O martes 24 de marzo era o día sinalado internacionalmente para a proba do Canguro Matemático 2015. En Mugardos coincidiu coa convocatoria dunha folga o que provocou que non asistiron 18 dos 62 inscritos.
A proba, consistente en respostar a 30 preguntas tipo test con cinco opcións cada unha e so unha resposta válida, desenvolveuse con moita seriedade e concentración polo que toca felicitar aos participantes.
A finais de curso chegarán as puntuacións e poderemos ver si o nivel dos participantes se achega á media de todos os participantes, que son moitos e todo o mundo: o curso pasado ¡máis de 7 millóns!
![]() |
Preme na imaxe para xogar na rede: |
Parlamento Xove, 2015
Enviado por admin o Dom, 08/03/2015 - 20:46Boa participación na edición deste ano do Parlamento Xove, a competiciòn de oratoria patrocinada pola Direccón Xeral de Xuventude.
Aínda que quedamos ás portas de clasificación para a final, tanto o equipo da ESO como o de Bacharelato acadaron moi boas puntucións nos debates. Parabéns aos participantes e coordinadores.
Obradoiro de Química (Programa de Mellora - 2.º ESO)
Enviado por admin o Mér, 04/02/2015 - 20:36O luns, 2 de febreiro, desenvolveuse unha nova actividade do Programa de Mellora. Os alumnos de 2.º ESO inscritos puideron realizar tres experimentos no laboratorio de química, guiados pola profesora Teresa Rodríguez.
|
![]() |
Sierpinski Carpet Project
Enviado por admin o Xov, 29/01/2015 - 01:00
Alumnado de 3.º ESO participante no proxecto - Ligazón a Ferrol 360º
Páxina 5th iteration of the Sierpinski Carpet Project - Galicia
Deporte Escolar. Encontro co IES Saturnino Montojo
Enviado por admin o Mar, 27/01/2015 - 22:47Dentro das actividades deportivas do mes de xaneiro, este martes recibimos a visita do alumnado do IES Saturnino Montojo co que celebramos o tradicional encontro deportivo. Foi unha boa mañá de deporte e compañerismo.
Construción dun hipercubo (Programa de Mellora - 2.ºESO)
Enviado por admin o Mar, 27/01/2015 - 22:27Este luns, 26 de xaneiro, comezaron as actividades do programa de mellora do nivel de coñecementos para acadar a excelencia correspondente ao alumnado de 2º ESO. Nesta primeira sesión a profesora, a profesora de matemáticas Covadonga Rodríguez-Moldes adentrounos na comprensión da cuarta dimensión a través da construción dun hipercubo.
A vindeira sesión estará dedicada á oratoria. (Ver Programa con datas non definitivas).
![]() |
![]() |
|
Sorteo da cesta de Nadal da cafetaría
Enviado por admin o Sáb, 20/12/2014 - 14:07Exposición "Áreas Mariñas Protexidas"
Enviado por admin o Dom, 07/12/2014 - 12:47Ao longo deste mes teremos connosco a exposición sobre as Áreas Mariñas Protexidas confeccionada polo CEIDA. A exposición foi cedida polo Concello de Mugardos. A biblioteca elaborou un cuestionario de busca de información.
![]() |
![]() |
![]() |
Pulseiras solidarias no Día do Voluntariado (5 de decembro)
Enviado por admin o Ven, 05/12/2014 - 17:48No Día Internacional do Voluntariado (5 de decembro), o alumnado de 1.º ESO participou na actividade impulsada pola Rede de Centros Escolares Solidarios (RCES). A primeira hora contactaron con outros centros da rede por videoconferencia e durante os recreos venderon as pulseiras confeccionadas por eles mesmos. Recadaron en total 82 euros que, logo de varias propostas analizadas na clase de Atención Educativa, se doarán a UNICEF.
![]() |
![]() |
Tarde de cine coa Esmorga
Enviado por iseoane o Xov, 27/11/2014 - 19:54Alumnado de 4.º ESO coa profesora Isabel S. na proxección da versión cinematográfica d'A Esmorga.
Celebración do magosto
Enviado por admin o Sáb, 15/11/2014 - 22:45O venres, 14 de novembro, celebramos o magosto co tradicional reparto de cucuruchos de castañas asadas por xentileza da ANPA O Castro, a quenun ano máis agradecemos a súa colaboración.
E a continuación, a xincana organizada polo alumnado de 1.º BAC para os de 1.º e 2.º ESO.
![]() |
![]() |
Spot para a Rede de Centros Escolares Solidarios
Enviado por admin o Xov, 13/11/2014 - 19:45
Outros spots: Arelarproxectos
Reportaxe III Premio Estudo e Deporte
Enviado por admin o Mar, 08/07/2014 - 22:46Documental con entrevistas para a entrega do III Premio Estudo e Deporte do ano 2014.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- seguinte ›
- última »
![RSS - ESO Distribuir contido](/centros/iesdemugardos/misc/feed.png)