FAMILIAS - ANPA O Castro
|
ESO
EduSolidariedade á mugardesa
Enviado por admin o Ven, 22/03/2019 - 22:27Explicación do proxecto | |
ONG elixida por votación do alumnado:UNICEF |
|
Resultados da votación ONG:
|
PI-DAY
Enviado por admin o Xov, 14/03/2019 - 21:32O día 14 de marzo está declarado internacionalmente como o Pi-Day ou día de Pi. Foi unha idea do físico estadounidense Larry Shaw baseada en que a data 3 de marzo escríbese no seu pais 3/14, que son as primeiras tres cifras do número Pi.
Do mesmo xeito que o ano pasado, o departamento de Matemáticas en colaboración coa Biblioteca e o ENL organizou para esta ocasión as seguintes actividades:
- II campionato de PI-memoria.
Celebrouse no recreo na aula de Matemáticas. Contou con moita participación e boa "retentiva"
(preme na imaxe para ampliar)
|
- II Concurso de PI-tuits: BASES
Circular sobre o parón 15M "Friday for future"
Enviado por admin o Mér, 13/03/2019 - 22:02Preme na imaxe ou arquivo adxunto
Xadrez no club de ciencia
Enviado por admin o Mar, 12/03/2019 - 23:51Este martes, ao mediodía, reuniuse o Club de Ciencias nunha segunda sesión dedicada ao xadrez.
A posta en práctica deste obradoiro correu a cargo da profesora Edda.
Circular informativa sobre a folga de mulleres do 8 de marzo
Enviado por admin o Xov, 28/02/2019 - 23:04Salón de Actos
Enviado por admin o Xov, 14/02/2019 - 23:13O salón de actos estivo esta semana moi concorrido con diferentes actividades. Entre elas salientamos as charlas do martes para 2.º ESO sobre condutas infractoras e a lei do menor; o mércores para 2.º bacharelato sobre a oferta da Universidade da Coruña; e o xoves, para 1.º ESO, sobre as consecuencias do consumo de alcohool en menores dentro do programa Apuntámonos a non beber.
Reunión das familias cos titores/as (Martes, 22 de xaneiro)
Enviado por admin o Mér, 16/01/2019 - 11:20Visita ao MC2
Enviado por admin o Sáb, 12/01/2019 - 13:32
O pasado martes, primeiro día de clase de volta das vacacións, o alumnado de 1.º e 3.º ESO realizou unha visita aos MC2: museos científicos coruñeses. Comezaron pola Casa das Ciencias cunha proxección no planetario. O segundo foi a Domus coa proxección de minidocumentais científicos e para rematar no acuario Finesterrae. Unha xornada intensa de curiosidade científica e compañerismo.
Resultados das eleccións ao Consello Escolar - 2018
Enviado por admin o Mér, 28/11/2018 - 19:34Estes son os resultados das eleccións ao Consello Escolar celebradas este martes, 27 de novembro.
PAIS, NAIS, TITORES LEGAIS | |
Candidaturas electas | Juan Manuel López López |
Mª Beatriz Cepeda Cárdenas | |
Suplentes | Lara Cuervo Álvarez |
ALUMNADO | |
Candidaturas electas | Lara Cristobo Vilar |
Martina Romero Pérez | |
Suplentes | Uxío López Martínez |
Paola Alonso Rivera | |
Ana Cancela Varela | |
Juan Pena García | |
Andrea García García | |
Helena Castiñeira Pérez | |
Elisabeth Bejarano Bouza | |
Sabela Martínez Ferrer |
PROFESORADO | |
Candidaturas electas | Begoña Allegue Rodríguez |
Francisco Canoura Quintana | |
Begoña Gómez Díaz | |
Suplente | Mario Soto López |
Poderanse presentar reclamacións por un prazo de quince días perante o Delegado Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
Polo bo trato (25 de novembro)
Enviado por admin o Lun, 26/11/2018 - 19:21O acto conmemorativo en contra da violencia de xénero tivo lugar no salón de actos a quinta hora do pasado venres. Mario e Uxía conduciron o evento que se abriu coa actuación de Elsa, Uxía, Lia, Helen, Ana e María. A continuación proxectamos o video do alumnado de 2° ESO de Valores que deu paso a outros videos que nos permitirán debatir e reflexionar sobre o tema. Rematamos coa aplicación DetectAmor que nos permite coñecer como ligamos, facer o test do Amor e descubrir mitos e verdades sobre o amor.
Velaquí os vídeos de produción propia:
Visita de Xosé Manuel Ribeira: O comezo das cousas
Enviado por admin o Xov, 22/11/2018 - 19:39Está mañá estivo connosco o arteiro e xogueteiro Xosé Manuel Ribeira, creador do obradoiro e museo "O comezo das cousas" que se pode visitar na vila das Pontes. Na aula de Tecnoloxía ensinounos o funcionamento dos motores stirling e outras das súas "argalladas" sempre partindo dalgún enxeño tecnolóxico ou principio científico. Deseguro que os membros do Club de Ciencias disfrutaron co entusiasmo e paixón deste home. Estamos todos invitados a visitar o seu curioso obradoiro ou acceder á páxina d´O comezo das cousas.
Motor Stirling
AVISO: Alerta de nivel LARANXA por refachos de vento durante o día 9 de novembro
Enviado por admin o Xov, 08/11/2018 - 21:45
Estimadas familias:
|
Reunión das familias cos titores/as (Martes, 23 de outubro)
Enviado por admin o Mér, 17/10/2018 - 14:13Lección inaugural (ESO): música para comezar o curso
Enviado por admin o Mar, 18/09/2018 - 22:15
Laura Morgade inaugurou o curso escolar 2018-2019 para o alumnado da ESO. A súa lección inaugural tratou sobre a linguaxe universal da música. Salientou a importancia de incorporar a música ás nosas vidas e os beneficios que iso conleva. A exposición foi acompañada de interpretacións ao piano de pasaxes ilustrativas de Beethoven, Debussy e Chopin. Agradecemos á creadora da Escola de Música Laura Morgade de Ares o seu esforzo e preparación deste encontro incial de curso co noso alumnado. |
Horarios (Curso 2018-2019)
Enviado por admin o Lun, 17/09/2018 - 20:51VII Premio Estudo e Deporte
Enviado por admin o Xov, 21/06/2018 - 23:39
Neste grupo de caras sorrintes e contaxiosa alegría queremos representar o mellor do curso 2017-2018 que hoxe despedimos, como desde hai xa sete edicións, coa entrega dos Premios Estudo e Deporte. Son unha magnífica representación de todos os niveis educativos do instituto e dos 36 clubs deportivos ou asociacións nos que o noso alumnado practica algún tipo de actividade física. De todos eles estamos moi orgullosos e recoñecemos o seu esforzo e talento.
No acto acompañáronos, por unha banda os representantes o equipo feminino de balonceso Star Center Uni Ferrol: a capitá do equipo, Patricia Cabrera, e o entrenador da magnífica temporada pasada, Lino López. Coas súas palabras e bágoas de emoción, Patri pedíalle ás rapazas que loitaran pola igualdade no deporte e aos rapaces que as apoiasen! Toda unha lección dos sentimentos e valores do deporte.
Tamén contamos coa presenza de Maca Cabaleiro, toda unha pioneira na promoción do deporte feminino e primeira muller que saíu de España para xogar ao balonceso. Contounos os inicios do baloncesto feminino na comarca en Mugardos e as dificultades que deberon superar.
. |
Parabéns a todos/as os participantes!!!
Grazas aos clubs, ANPA e Concellos.
Fondo solidario e axudas para material
Enviado por admin o Lun, 04/06/2018 - 20:33- Impresos: Anexo I e II
Edusolidariedade á mugardesa (25 de maio, 2018)
Enviado por admin o Sáb, 26/05/2018 - 11:59Ata a chuvia respectou na mañá de onte a xornada de convivencia e solidariedade do alumnado e profesorado do CEIP Unión Mugardesa, CPR Loyola e IES de Mugardos. Convivencia porque reuniu nunha mesma actividade a preto de 500 escolares, de 3 a 18 anos, de infantil a bacharelato. Solidaria porque entre todos recadamos 1.683,30 euros que a ONG "Nico contra el cáncer infantil" destinará directamente á investigación e mellora dos tratamentos.
A principal actividade consistiu na realización das carreiras, desde os cen metros ata os 1.900 metros. En todas elas os participantes amosaron un grande espírito deportivo e participativo. Grnades doses de esforzo, sorrisos e aplausos para demostrarnos que somos unha comunidade educativa viva e vibrante. Xuntos somos mellores.
Ademais dos centros educativos, na organización participou o Concello de Mugardos e contou coa axuda de varias empresas patrocinadoras e a colaboración do animador Dani Ríos . Agradecemos especialmente a participación das ANPAS, o servizo municipal de deportes, monitores de xogos populares e club Móvete de danza.
Agora, coas pilas cargadas, imos polo fin deste curso 2017-2019. Vémonos o 21 de xuño nunha nova edición dos premios Estudo e Deporte.
TES TALENTO. Festival das Letras Galegas, 2018
Enviado por admin o Dom, 20/05/2018 - 20:25
O alumnado amosou o seus talentos no festival que se organizou para conmemorar o Día das Letras Galegas. Sobre o escenario do salón de actos desfilaron ata quince actuacións de música, danza e monólogos. O xurado elixiu seis finalistas que foron sometidas á votación do público. No védeo podes comprabar o grande talento despregado por todos os participantes. Máis infomación en Lecturamos, blogue da Biblioteca escolar.
Día do Libro, 2018
Enviado por admin o Lun, 23/04/2018 - 14:14Máis información no blog da biblioteca: Lecturamos
Sesións formativas para pais e nais
Enviado por admin o Ven, 13/04/2018 - 14:52A doutora Ana Martínez Lorente, da Consellería de Sanidade, impartiu este o martes pola tarde unha sesión formativa para o alumando de 1.º e 2.º ESO. Deseguido mantivo unha interesante charla sobre alimentación saudable cun grupo de nais e profesores.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »