Teléfono
 
881 938200

Correo electrónico
 
ies.mugardos@edu.xunta.gal

Enderezo
 
Rúa do Cristo s/n

  15620 Mugardos (A Coruña)

 

                  

PLATAFORMAS E AULAS VIRTUAIS
        EDIXGAL MOODLE ABALAR  
           
  RADIO  REDES   VIDEOCONFERENCIA 
 

   

        

ESO

Semana da Froita (2011-2012)

Dous xeitos de contar a mesma historia da lingua galega

A primeira forma é a Liña do tempo da páxina LOIA, aloxada no portal do Consello da Cultura Galega. Trátase da versión "oficial", por así dicilo, e que che servirá para realizar a tarefa proposta no libro de texto de 2º ESO (Páxina 14; exercicio 1)

                                                                          Preme sobre a imaxe

A segunda versión da mesma historia con máis humor é a do debuxante PEPE CARREIRO en Historia da Lingua Galega (Do latín ao acento de Burgos)

                                   Tamén existen exemplares do libriño no departamento

Todas, todos: non deixedes de ver este vídeo

I Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos

No curso 2010-11 a Sociedade Galega para a promoción da Estatística e da Investigación de Operacións (SGAPEIO) convocou o I Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos para proxectos de estatística e investigación de operacións realizados por estudantes de ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Na categoría A: 1º e 2º da ESO acadaron  o PRIMEIRO PREMIO:

- Título: As novas tecnoloxías, fóra da aula, no IES de Mugardos.
- Centro: IES de Mugardos (A Coruña).

- Titora: María Ángel Martínez Rodríguez.
  
- Alumnos: Sergio Vila Plana, Carmen Sanmartín Fero, Verónica González Regueiro, Carlos Rodeiro Mauriz e Andrés Novoa Menaya.

 

Na categoría C: Bacharelato e Ciclos Formativos

Participaron:

Título: A Estatística na ESO e no Bacharelato en Galicia

Alumnos: Bernardo Cendán Sánchez; Eduardo Fernández Pérez; Emily Gómez Machado; Wendy Teresa Prego Anglada

Titor: José Luis Mayobre Antón

 Parabén a todos os participantes.

Plan de Estudos (ESO)

A Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) é unha etapa educativa obrigatoria e gratuíta que completa a educación básica. Consta de catro cursos académicos que se realizarán ordinariamente entre os 12 e os 16 anos de idade. Poderase repetir un máximo de dous cursos e permacecer, no réxime ordinario, ata os 18 anos de idade cumpridos no ano en que finalice o curso.

 
 
 

Canta en lingua busuu cos seus últimos oito falantes

Esta semana lemos o texto que conta a triste historia de Boa Sr, a derradeira falante da súa lingua. Igual ca ela, neste momento da historia da humanidade outros centos de culturas e linguas están a piques de extinguirse para sempre. Pero moitos destes pobos están a empregar as novas tecnoloxías para facerse oír e deixar constancia da súa existencia. Algúns, malia as cirsunstancias polas que atravesan, con moito sentido do humor. É o caso dos busuu, cuxos últimos oito falantes convidan a todo o mundo a unirse ao seu canto:

 

 

Teorema de Tales

 

Aquí está o Teorema de Tales que tendes que cantar o luns os de 2ºB.  ...A practicar!  -sobre todo a letra-.

Boa fin de semana

Soneto para comezar un outono sen tristuras

 

Galicia é un outono puro e bon,
un río que decorre mansamente,

lume abrasador, fértil semente,
futuro presentido e en sazón.

E foi labrando o tempo-luz-paixón,
o seu ser escuro e trascendente
l
uíndo o corazón de toda a xente
e conformando a terra e o terrón.

Galicia é unha agarda moi madura
que non permite prazos, dilacións,

estancamento, freo ou coutadura.

¡Abonda xa de laios e cancións!
Non queremos ser ríos de tristura
correndo pola vida a tropezóns!

Manuel María

 

PARA 2ºESO:
Entre as palabras de significado novo, non esquezas buscar a definición de SONETO. E na redacción da descrición dunha paisaxe que non falten os adxectivos (tamén deses epítetos dos que falamos).

Desafío para o próximo martes

 

O periódico "EL Pais" leva moitas semanas propoñendo desafíos matemáticos. Este é o que corresponde a esta semana: un problema de operacións con números moi grandes. Probamos?    

                (..uuuuuy!, non parece doado)

Autorización - Sección bilingüe

En consonancia coas consideracións da Comisión Europea, o I.E.S. MUGARDOS quere dar un impulso na utilización das linguas extranxeiras por parte dos seus alumnos/as, polo que o Departamento de Educación Física xunto có do inglés, participa dende o curso 2009/2010 nas chamadas seccións bilingües.

Coa finalidade de garantizar a calidade deste proxecto, coménzase no primeiro curso da ESO con 15 alumnas/os, é a incorporación da lingua extranxeira faise progresivamente, incrementando a súa presenza ao longo da ensinanza secundaria.

Ao remate de cada curso, o alumnado que sexa cualificado positivamente nesta materia, recibirá unha credencial oficial expedida polo centro, conforme participou nunca sección bilingüe, que se fará constar no seu libro de escolaridade e no seu expediente académico.

Se quere que a súa filla/o participe nesta sección bilingüe ten que cubrir unha autorización e entregala xunto coa matrícula no Instituto.

No caso de que houbese máis solicitudes que prazas, atenderase o expediente académico.

 

 

AUTORIZACIÓN - SECCIÓN BILINGÜE________________________________________________________________________

D./Dona. .....................................................................................................................

Nai/pai/titor/a de ........................................................................................................

Desexo que o meu fillo/a participe na sección bilingüe de inglés na área de Educación Física.

En Mugardos, a de de 20

 

 

Asdo: __________________________

 

 

1º. PREMIO “Incubadora de Sondaxes e Experimentos”

Parabéns a Verónica, Andrés, Carlos, Carmen e Sergio de 2º. ESO  por acadar o primeiro premio no concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos organizado por SGAPEIO. Estamos moi orgullosos porque sabemos de todo o esforzo e dedicación investido neste proxecto. Parabéns á profesora María Martínez e a todo o departamento de Matemáticas.

Distribuir contido