Co gallo da celebración do Día da non violencia e da Paz -30 de xaneiro- temos previstos distintos eventos conmemorativos:
* Andaina Solidaria. Continuando co noso compromiso coas actividades solidarias, este ano imos levar a cabo un percorrido solidario pola contorna do noso instituto. O día 30 de xaneiro, a partir das 12:30, todo o alumnado da ESO percorrerá -andando ou correndo- un treito de 4 quilómetros a beira do río Mero.
Nos días previos e posteriores á andaina, os nosos alumnos poderán conseguir patrocinadores que valoren con cartos os quilómetros percorridos por eles. Estes cartos doaranse a ONG, Proactive Open Arms.
Previamente ao comezo da actividade, contactaremos cos voluntarios que dita ONG ten na illa grega de Lesbos para falarlles da nosa iniciativa.
* Ponte no seu lugar. Trátase dunha actividade de investigación periodística, na que os rapaces e rapazas da ESO van procurar información sobre a vida dun refuxiado: o seu nome, a súa procedencia, as súas condicións no seu pais de orixe e o seu percorrido. Con estes datos, cada un deles van gravar un vídeo no que ,durante tres minutos, vanse poñer no seu lugar.
Cos vídeos faremos unha proxección no vestíbulo do instituto.