Os Amigos dos Músicos estrean canción sobre o entroido, Que non pare a festa. Neste ano, onde non vai poder haber desfiles, carvanais, folións,..., parece que anima oílos e ver este vídeo tan bonito e colorido. No vídeo saen unha vintena de personaxes tradicionais nunha especie de folión cheo de cor e algarabía. Aquí danza o boteiro de Viana do Bolo ao son das súa esquilas (chocas) xunto a un felo de Esgos, tocando as súas cunchas. Tamén pasa un burlón chocalleiro de Vilardevós cun pandeiro e un vellarón de Riós...
Aquí cho deixo