Skip to Content

25 anos

logo_25_web

Este curso 2015-2016, o IES David Buján cumpre 25 anos. A nosa celebración comeza coa presentación dun logo conmemorativo deseñado pola nosa compañeira de debuxo, Silvia Fernández. O lema que o acompaña -25 anos abrindo camiños- é o resultado do traballo cooperativo do alumnado e do profesorado.


Ao longo deste ano afondaremos no significado dese lema, mostrando ao noso alumnado novas vías de coñecemento, espertando ilusións e, sobre todo, traballando todos xuntos o valor da cooperación e da solidariedade.

O pasado 26 de novembro, o IES David Buján festexou o inicio do seu 25 aniversario. Aquí tedes un recordo fotográfico desta entrañable festa. Tamén podedes visualizar as páxinas dun libro -recordo no que atoparedes as vivencias e os proxectos de moitas persoas ligadas a este centro ao longo destes 25 anos-.

Acto inaugural 25º aniversario

 

Aquí tedes a ligazón ás distintas actividades e celebracións que temos previstas, arredor desta conmemoración. Para calquera suxestión que queirades facer, podedes utilizar o seguinte enderezo: 25anosabrindocaminhos@gmail.com



page | by Dr. Radut