Skip to Content

21 días co galego e +

 

 

O IES DAVID BUJÁN vai participar na cuarta edición dos 21 días co galego e +, un programa impulsado polo Consellaría de Cultura, Educación e Universidade, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüistica, xunto a once centros de toda Galiza do 2 de febreiro ata o 22 de febreiro do 2022

Esta iniciativa, que se fundamenta nos 21 que se di que son precisos para adquisición  dun hábito,  busca que durante  tres semanas  para  o alumnado, o profesorado, as familias, ... e todo aquel  que queira sumarse ao proxecto, o galego sexa a lingua normal de uso en todos os ámbitos e comprobar, así,  que vivir en galego é posible.  Ademais, durante eses días o alumnado analizará a súa relación coas linguas que ten próximas e as dificultades, ou non, para manter o compromiso.

Durante eses 21 días no  centro, ademais da actividade académica, levaranse a cabo unha serie de actividades lúdicas relacionadas coa lingua e coa cultura galegas, elaboradas polos distintos departamentos.

O GALEGO +, SÚMATE

 



page | by Dr. Radut