Eventos
Mar | |||||
---|---|---|---|---|---|
Start: 02/04/2013 00:30
O 2 de abril chegarán ao noso centro un grupo de escolares portugueses procedentes de Barreiro, Setúbal, dentro das actividades que se están a desenvolver no marco do Intercambio entre a escola Luis Mendoça de Furtado, de Barreiro, e o noso instituto. Trátase dun grupo de 27 escolares entre os 11 e os 14 anos. Integraranse nas aulas de 1º ESO e 2º ESO. Ademais de participar nalgunhas actividades docentes no instituto, tamén participarán en saídas culturais que se realizarán a Coruña e a Santiago. |