Skip to Content

blogue deiconcepcion

Cuestionarios de usos lingüísticos

Para unha adecuada planificación lingüística é preciso coñecer os usos, as competencias e as actitudes sobre a lingua galega da comunidade educativa. 

Estes cuestonarios, cos que coñeceremos mellor a realidade lingüistica do centro, son completamente anónimos.

Preme no enlace correspondente, completa todas as preguntas do cuestionario e dálle a ENVIAR. Grazas pola túa colaboración

ALUMNADO

 

25 de novembro. Autocolantes

A semana do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o alumnado do Voluntariado Lingüístico elaborou, e despois repartiu polo centro, unhas pegatinas para concienciar sobre o problema do machismo e do maltrato. Eran moi bonitas e tiveron moito éxito. Grazas

Podes velas aquí

I Concurso " Libros que ler"

O Equipo de Dinamización  da lingua Galega do centro acaba de convocar o I Concurso de recomewndacións literarias audiovisuais en lingua galega. O concurso xa está aberto. tes ata finais de maio de 2019.

Consulta no blog do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do centro  as BASES

Roteiro Irmandades da Fala e Real Academia Galega

 

O  día 20 de novembro os alumnos de 4º da ESO  va facer un roteiro pola cidade da Coruña onde poderán visitar aqueles lugares máis destacados relacionados coas Irmandades da Fala  e coa Fundación das Real Academia da Lingua (Xardíns de Méndez Núñez, Monumento de Curros, Rúa Real, Casa de Ánxel Casal, Rego da Auga, 38, Teatrro Rosalía, Praza María Pita e a sede actual da Academia na rúa Tabernas). Foi unha visita mo intensa pois aínda  completou coa visita ao Arquivo do Reino  de Galicia onde puidemos ver as actas fundacionais da Irmandades asinada por Antón Villar Ponte e os xardíns de San Carlos.

Concurso: Felicitacións de Nadal

O EDL do centro ten convocado o concurso de Felicitacións de Nadal. Participa e vive un Nadal en galego.

Consulta as bases no Blogue do EDL

 

 

Vídeo Matriarcas

Un grupo de alumnas do Voluntariado Lingüistico de 1º da ESO fixeron este marabilloso traballo  que queren compartir convosco para celebrar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Moitas grazas, rapazas!! Moi bo traballo.

Podedes ver o seu vídeo no blogue de EDL

 

Cine en galego: A lingua das bolboretas

A cita mensual co noso cine é o 26 de novembro (o cuarto luns do mes) na aula de 1º ESO A ás 14:45. Este mes a película escollida é A lingua das bolboretas. Son os anos 30 e Moncho está aterrado porque comeza a escola.  Pouco a pouco os seus temores irán desaparecendo grazas á axuda do mestre, don Gregorio, de marcada tendencia progresista, sabio e comprensivo. Pero estala a Guerra Civil... e todo o muda. A película é un canto á liberdade  e ao respecto que se basea entres contos de libro Que me queres, Amor? de Manuel Rivas. 

 

 

 

Charla-concerto de Lydia Botana

O martes, 20 de novembro, o alumnado de 1º e 2º da ESO vai participar nunha charla-concerto de Lydia Botana.Esta saída  forma parte da participación do centro no programa Falamos do Concello da Coruña, a través do seu Servizo de Normalización Lingüística.  Esta actividade musical pretende pór de manifesto o valor e riqueza do plurilingüismo. 

Lydia Botana é unha artista multiinstrumentista que formou parte de varias agrupacións musicais. Na actualidade realiza colaboracións con músicos de gran importancia dentro do panorama.  Ten un proxecto persoal, Bolboreta, de música mestiza onde se fusionan xéneros musicais para falar do mundo que nos rodea. 

No blog de música galega, O son das ondas,  que xestiona o EDL do centro pódese  escoitar a súa música. Aquí tes o enlace https://osondasondas.blogspot.com/search/label/Lydia%20Botana%20%28Bolboreta%29

 

Premio Narración Curta Concello de Curtis

O Concello de Curtis convoca  o XIV Premio de Narración. Este ano  preséntase como un reto literario:  unha narración con vacas, un tren e... zombis

BASES

Xogos Florais María Pita 2018

Xa están convocados os Xogos Florais María Pita deste ano. O lema elixido para estes XXVII Xogos Florais é “Con ciencia fronte a todo”.

BASES

Distribuir contido


by Dr. Radut