Skip to Content

Eleccións ao Consello Escolar

Publicación da data e hora do sorteo público para a designación dos membros da Xunta Electoral (16 de outubro ás 11:35 horas)

30/10/2024 Convocatoria de eleccións ao Consello Escolar (todos os sectores)

Os membros dos distintos sectores poderán consultar os censos no taboleiro do centro e presentar reclamacións ao mesmo ata o 6 de novembro na administración do centro

O prazo de presentación de candidaturas será do 1 ao 8 de novembro (incluídos) na administración do centro ou vía correo electrónico do centro mediante o seguinte impreso:

Calendario do proceso (premer aquí)

11/11/2024 Reunida a xunta electoral para as eleccións ao Consella Escolar en cumprimento da Resolución do 10 de setembro de 2024 acorda publicar:

  • Proclamación de candidaturas sector pais/nais e/ou responsables (premer aquí)
  • Circular informativa: día, hora e procedemento das votacións do sector de pais/nais e ou responsables (18 de novembro de 13.30 a 18:30 horas, elexirase 1 de 2 candidatos) (premer aquí)

 

Calendario de exames de pendentes (1ª Avaliación)

Os días 28, 29 e 30 de Outubro terán lugar os exames da 1ª avaliación de pendentes de Bacharelato.

Calendario

 

A semana do 4 ao 8 de Novembro terán lugar os exames da 1ª avaliación de pendentes da ESO

Calendario

Inicio de curso 2024/25

A actividade lectiva comezará o mércores 11 de setembro no seu horario habitual de 8:30 a 14:10 horas.

  • O alumnado de 1º ESO será recibido pola coordinadora de benestar (Helen) e a vicedirectora (Marisa) na porta de entrada e será conducido ao salón de actos para a acollida por parte do equipo directivo, a orientadora e os titores respectivos. A continuación os titores e titoras conduciranos ás súas aulas para faceren a entrega do horario e falar das normas do centro. A partir das 10:30 horas continuarán co seu horario normal.
  • O alumnado de 2º ESO e 3º ESO dirixirase ás súas aulas na planta baixa a partir das 8:25 horas, onde será recibido polos seus titores e titoras. A partir das 9: 20 horas desenvolveran o horario normal.
  • O alumnado de 4º ESO e Bacharelato dirixirase ás súas aulas no primeiro andar a partir das 8:25 horas, onde será recibido polos seus titores e titoras. A partir das 9: 20 horas desenvolveran o horario normal.

Os grupos serán publicados en ABALAR MÓBIL ao longo da tarde do martes.

Libros de texto para o curso 2024/2025

Esta á a lista de libros de texto para o vindeiro curso 2024/2025.

SEMANA DA CIENCIA NO IES DAVID BUJÁN

SEMANA DA CIENCIA NO IES DAVID BUJÁN

Entre os días 15 e 22 de novembro o alumnado de 1º e 2º ESO do noso Club de Ciencia explicará aos seus compañeiros/as e profesorado os experimentos nos que estiveron traballando estes días, para achegar a ciencia a toda a comunidade educativa dunha maneira amena e divertida.

O alumnado de 2º de ESO “iluminará” ao público con cuestións relacionadas coa luz e as cores. Veremos fenómenos relacionados coa refracción, a reflexión e a difracción da luz e entenderemos a diferenza entre as cores primarias aditivas (RGB) e substractivas (CMY) e como as percibe o noso ollo.

Pola súa parte o alumnado de 1º de ESO realizará experiencias relacionadas coa presión atmosférica, a tensión superficial da auga e a capilaridade.

Os departamentos de ciencias e a biblioteca contribuíron a crear “ambiente” coa exposición de libros, carteis, instrumentos e outras curiosidades científicas. Esperamos que despois desta semana aumente o interese pola ciencia como unha maneira de entender e interpretar os fenómenos naturais e para formar a futuros/as investigadores/as.

 

 

 

Colaboración cos afectados da DANA de Valencia

A través da viaxe desinteresada de dous ex-alumnos do noso centro, a Comunidade Educativa do IES David Buján quixo mostrar a súa solidariedade enviando material ás zonas afectadas.

Magosto'24 IES David Buján

Un ano máis volvemos celebrar o Magosto no noso centro.

Grazas a todos os participantes e a todos os que colaboráchedes para que isto fora posible en especial á nosa vicedirectora e aos profes de Educación Física que tiveron todo a punto.

Deixámosvos unha mostra neste pequeno video.

Visita ao CITENI Física e Química 4º ESO

 

 

O pasado venres 27 de setembro foi a G-night, a noite das persoas investigadoras, un evento a nivel internacional que achega a ciencia ás rúas, museos, e ás institucións educativas. Con ese motivo o CITENI (Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais) de Ferrol celebrou unha xornada de portas abertas á que fomos invitados co alumnado de física e química de 4º de ESO. Os organizadores amosáronnos o Laboratorio de Aplicacións Industriais do Láser (LAIL), onde vimos como se pode empregar o láser para crear novas estruturas metálicas. No Laboratorio de Propiedades Térmicas e Reolóxicas de Materiais (PROTERM) vimos como estudar as propiedades térmicas dos materiais a través de cámaras de infravermellosasí como outras propiedades mecánicas como a resistencia á torsión. Finalmente, no Laboratorio de Polímeros explicáronnos como se desenvolven novos materiais con diferentes propiedades para impresións 3D. Agradecemos esta oportunidade de achegarmos ao traballo destes investigadores galegos e esperamos poder volver noutras convocatorias.

Distribuir contido


by Dr. Radut