Explorar o glosario usando este índice

Especial | A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | Ñ | O | P | Q | R | S | T | U | V | W | X | Y | Z | TODAS

Páxina:  1  2  3  4  (Seguinte)
  TODAS

A

Amortizar

  • pagar unha parte ou o total dunha débeda.

  • Recuperar o diñeiro que unha empresa investe en activos non correntes empregando parte dos beneficios obtidos pola mesma.


Apreciar

Aumento do valor dunha moeda en relación a outra.

Pode deberse aos movementos da oferta e/ou da demanda no mercado monetario.


Axentes económicos

entidades que participan na economía tomando decisións dentro do mercado. Agrúpanse en familias ou economías domésticas, empresas e sector público.


B

Banco de España

Organismo dependente do Goberno que se encarga de supervisar ás entidades financeiras dun país e garantir o bo funcionamento do sistema financeiro.

Depende do BCE e intégrase no Sistema Europeo de Bancos Centrais (SEBC) e no Eurosistema.


Beneficio

- Ganancia que se obtén dun negocio, investimento ou doutras actividades mercantís.

- Diferenza entre ingresos e gastos


Bens complementarios

son aqueles bens que se consumen de xeito conxunto. Por exemplo, un móbil e un cargador.

 


C

Cártel

acordo entre empresas dun mesmo sector co fin de eliminar ou reducir a competencia dun determinado mercado.


Competencia perfecta

Modelo de mercado teórico caracterizado pola existencia dun gran número de empresas que non poden influír individualmente nos prezos xa que estes son establecidos polo mercado mediante a lei da oferta e da demanda.


Cota de mercado

porcentaxe de vendas que realiza unha empresa sobre o  total que se vende no mercado.


D

Défice

Situación económica na que os gastos superan os ingresos



Páxina:  1  2  3  4  (Seguinte)
  TODAS