Profesional
Artigo 14º.- Informe de avaliación final. Orde do 6 de setembro do 2007
- Ao remate de cada un dos cursos da educación secundaria obrigatoria, a persoa titora, coa información achegada polo profesorado que imparta docencia no grupo, elaborará un informe individualizado de cada alumna e alumno. Nel recolleranse os aspectos máis relevantes sobre o proceso de aprendizaxe, cando menos o grao de aprendizaxe en cada unha das materias e/ou ámbitos, o desenvolvemento das competencias básicas, a consecución dos obxectivos en cada unha das materias e/ou ámbitos, as decisións sobre medidas para a atención á diversidade que fosen adoptadas así como todos aqueles aspectos que permitan facer un mellor seguimento do seu proceso de aprendizaxe.
- Este informe, que se iniciará ao comezo de cada curso cos elementos xurdidos na avaliación inicial, recollerá a información resultante do proceso da avaliación continua ao longo do curso, e completarase ao remate de cada un dos cursos académicos.
- Ao remate de cada curso a persoa titora poñerá os informes do grupo á disposición da persoa titora do curso seguinte.
- O informe cúbrese no XADE.