FONDO LIBROS E AXUDAS MATERIAL 18/19. LISTAXE PROVISIONAL ADMITIDOS

Xúntase a listaxe provisional de solicitudes admitidas no fondo solidario de libros de texto e axuda de material escolar para o curso 2018/19 convocadas pola Orde do 9 de maio de 2018(DOG do 21/05/2018.

A ter en conta sobre a información da listaxe:

  • Alumnado coa indicación de "Asignaranse como mínimo 6 libros." - Ten vale de material concedido que poderá recoller na semana do 16 ao 20 de xullo de 2018 en horario de 09:30 a 13:30 horas.
  • Alumnado coa indicación de "Asignaranse como mínimo 4 libros." - Non ten dereito ao vale de material escolar pero si a recibir un mínimo de 4 libros do Fondo Solidario que se repartirán en setembro.
  • Alumnado coa indicación de  "Pendente das existencias de setembro." Non ten dereito a vale nin libros do fondo pero asignaránselle libros no caso de existencias suficientes.
  • Alumnado coa indicación de "Condicionado a existencia de matrícula e/ou devolución de libros" Alumnado que non devolveu libros e/ou non está matriculado. Neste caso engádese o número de libros aos que tería dereito logo da devolución de libros e/ou matrícula (setembro). No caso de que se indique un mínimo de 6 libro terá dereito a vale de material.

PRAZO DE RECLAMACIÓN Á LISTAXE PROVISIONAL:  12 e 13 de xullo de 2018

ENTREGA DE VALES DE AXUDA PARA MATERIAL ESCOLAR: 

  • Do 16 ao 20 de xullo de 2018 en horario de 09:30 a 13:30 horas.
  • O Vale deberá ser recollido pola persoa solicitante previa identificación. No caso de non poder acudir o/a solicitante poderá autorizar a outra persoa cunha autorización na que consten os datos identificativos de solicitante e autorizado/a coa indicación que se autoriza a recoller o vale de material escolar e asinado por ambos os dous. Xúntase modelo de autorización.
AdxuntoTamaño
Listaxe provisional admitidos.pdf117.53 KB
Modelo autorizacion.odt11.75 KB
Modelo autorizacion.pdf14.02 KB