Nova convocatoria de axudas para adquisición de material escolar

 

 

 

 

 

 

Ven de ser publicada no  DOG a ORDE do 6 de novembro de 2015 pola que se convocan axudas para a adquisición de material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2015/16.

 

Poderán acollerse a esta convocatoria as persoas que non puideran facelo na anterior ou que quedasen excluídas por causas emendables. O límite de renda per cápita para poder solicitales é de 5400 euros.

 

 

 

 

 

 

AdxuntoTamaño
Material escolar axudas.pdf822.44 KB
Nova convocatoria axudas mat escolar 15-16 O6-11-15.pdf834.16 KB