VIAXE CULTURAL DE FIN DE CURSO A PRAGA.

Un grupo de alumnos de 2º de bacharelato, acompañados por dúas profesoras do centro, Anaís e Mª Luisa disfrutaron na semana pasada dunha viaxe cultural de fin curso a Praga.


O magnífico programa que foi preparado polas profesoras comprendía visitas a Mala Strana e Dresden, cidades  nas que visitaron lugares de grande interese artístico e cultural e recunchos típicos que eran de interese para os alumnos.


Outra visitas  foron ao  barrio xudeo  (Josefov) no que se visitou o cemiterio e as sinagogas e ao Campo de concentración de Terezín no que se fixo un percorrido polos barracóns, patios, celas, un túnel suberraneo de case 1 km de longo por onde ían os prisioneiros, o crematorio que foi unha das imaxes máis impactantes do campo e a escola cos debuxos feitos polos nenos que viviron a guerra.


As noites tamén se aproveitaron para asistir a actos como o Teatro Negro, denominado asi porque se basea na incapacidade do ollo humano de distinguir negro sobre negro.


Desexamos que a viaxe fora inesquecible para todo o grupo, que a disfrutaran e que agora animen aos compañeiros para  que nos próximos cursos poidamos realizar viaxes parecidas ou mellores.

VIAXE CULTURAL DE FIN DE CURSO A PRAGA.