FESTIVAL FIN DE CURSO
Como remate deste curso, e coma todos os anos, o Departamento de Música organizou o festival de fin de curso cun amplo repertorio de cancións, bailes e actuacións que pretenderon facer un percorrido pola música dos anos 70.
Os alumnos recrearon temas dos músicos máis populares e coñecidos daqueles anos que, probablemente, a máis dun profesor e profesora trouxéronlles recordos dos seus tempos de mocidade. Temas como “Grease”, “Yellow submarine”, “Chiquita”, “la chica ye-ye”, “Eva Mª se fue”, “Rock en la plaza del pueblo”… fixeronnos a algúns un pouco más nenos ou quizáis… un pouco máis vellos… Foi un ratiño agradable que nos fixeron vivir os grupo de “artista”.
Houbo un oco tamén para despedir aos profesores que se nos van: Isa e Ángel e, como remate do festival, un grupo de 4º de ESO deulle unha sorpresa a súa compañeira, Claudia,que se nos vai do instituto a tentar acadar o seu soño. Boa sorte, Claudia!!
Dende aquí queremos recoñecer o gran traballo, esforzo e paciencia da profesora de música. Parabéns, Reme, foi un gran festival!!