Trazos do saber científico. Obxectivos e instrumentos da ciencia. Método indutivo e dedutivo. Método hipotético-dedutivo. Investigación científica na modernidade e na época contemporánea: das matemáticas e a técnica como ferramentas de coñecemento e interpretación fundamentais á reformulación dos conceptos clásicos.Técnica e tecnoloxía: saber e praxe. Reflexións filosóficas sobre o desenvolvemento científico e tecnolóxico: o problema da indución. Visión aristotélica do quefacer científico. Relación entre filosofía e ciencia.