COMUNICADO SEGUNDA AVALIACIÓN
COMUNICADO SEGUNDA AVALIACIÓN
Según acordos tomados na CONFERENCIA SECTORIAL DE EDUCACIÓN, celebrada o día 25 de marzo de 2020 e que están publicados na páxina da Consellería:
- Mantense o calendario escolar:
- As propostas de traballo suspenderanse respectando as vacacións de Semana Santa, dende o luns 6 ata o luns 13 de abril, ámbolos dous incluídos.
- Avalíase o segundo trimestre
- As cualificacións estarán dispoñibles na aplicación AbalarMobil a partir do venres 3 de abril ás 13h00.
- As familias que non dispoñan da aplicación poden darse de alta cos teléfonos dos responsables dados na matrícula. A información para descargar a aplicación é a que figura nesta páxina.
- Modificaranse os contidos e competencias básicas previstos para o terceiro trimestre ( ESO e 1º de Bacharelato), a espera de novas instrucións da Consellería.
Según as INSTRUCIÓNS SOBRE A AVALIACIÓN DO SEGUNDO TRIMESTRE recibidas pola Consellería:
- Avaliarase co traballo feito ata o 12 de marzo.
- Non se avalían as actividades realizadas despois do estado de alarma
As notas serán enviadas a todas as familias o venres 3 de abril só a través do Abalar Móbil a partir das 13h00.
Prégovos que difundades entre os vosos contactos a necesidade de descargar a aplicación Abalar Móbil coa que de momento nos estamos comunicando e é imprescindible neste caso. Podedes acceder as instrucións e videotitoriais nesta ligazón:
Esperamos que todos esteades ben.
Un saúdo e saudiña!
O Director