Skip to Content

EXPOSICIÓN SOBRE A QUÍMICA NO IES O COUTO

Ano da Química, exposición de Casalderey no IES O COUTO en Ourense

O  IES O Couto achégase á realidade da química

 

Ata o IES O Couto, onde os seus alumnos se proclamaron recentemente gañadores de "Galiciencia 2011", chegaba  a exposición sobre o Ano Internacional da Química (AIQ) creada polo profesor Manuel Luis Casalderrey, catedrático de Física e Química recentemente xubilado.

Casalderey na exposición sobre o Ano Internacional da Química no IES O COUTO de Ourense

Durante a semana do 12 ao 19 decembro no IES O Couto púdose visitar a exposición sobre o Ano Internacional da Química (AIQ), creado polo profesor Manuel Luís Casalderrey, catedrático de Física e Química.
Os carteis da exposición inciden no modo no que a Química ten actuado como  benefactora da humanidade, producindo beneficios contrastados para o home , tales como: a prolongación da esperanza de vida, a revolución de  áreas como a saúde, a mellora dos materiais de construción, a conservación de alimentos, os avances na locomoción e transportes, e progresos no coñecemento derivados do electrón.

Exposición de Casalderey con motivo do Ano Internacional da Química, no IES O COUTO en Ourense

O propio autor guiou a visita dos alumnos pola mostra.

  

A noticia na Voz de Galicia



story | by Dr. Radut