Skip to Content

Listaxe provisional de admitidos e excluídos do Comedor escolar 2023-24

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS NO COMEDOR ESCOLAR 2023-24

Á espera da ampliación de prazas do comedor, prevista inicialmente para o mes de novembro,  infórmase de que xa está dispoñible no taboleiro do centro a listaxe provisional do alumnado admitido no comedor escolar. Para confeccionar a listaxe do alumnado en lista de reserva tivéronse en conta os criterios acordados no consello escolar que figuran máis abaixo neste mesmo documento.

En caso de empate entre varios solicitantes realizarase un sorteo das prazas dispoñibles. Este sorteo será público e realizarase o mércores día 18 de outubro ás 11:00 h na dirección do centro.

O venres 20 de outubro publicarase a listaxe de reserva provisional no taboleiro interior do centro. Unha vez publicada a listaxe de reserva provisional, os pais/nais disporán dun prazo de 5 días hábiles para realizar reclamacións e achegar aquela documentación que estimen oportuna (do 23 luns ao 27 venres de outubro, ambos incluídos)

 

 

OBS: Orde de preferencia segundo a normativa actual de Comedores escolares

  1. Alumnado usuario do servizo de comedor no curso escolar anterior, salvo que variase substancialmente o criterio polo cal fose admitido.
  2. Alumnado beneficiario do servizo de transporte escolar.
  3. Ter un/unha irmán ou irmá matriculados no centro e ser usuario do comedor escolar no momento de formalizar a solicitude. (Fotocopia do libro de familia)
  4. Alumnado en situación socioeconómica desfavorable ou que teña unha discapacidade igual ou superior ao 33%.  Certificado polos servizos sociais ou municipais correspondentes.
  5. Alumnado membro de familias numerosas (Acreditado co correspondente título ou carné expedido para o efecto).
  6. Alumnado, fillos de pais e nais traballadores con incompatibilidade demostrada dos seus horarios laborais co horario de saída do seu fillo/a ao mediodía. (Acreditar documentalmente ambos progenitores/titores, mediante a seguinte documentación segundo o caso:
    1. Informe de vida laboral expedido polo organismo laboral competente ou certificado da unidade de persoal á que pretenza o empregado público.
    2. Certificado de empresa, xustificativa da duración da xornada e o horario de traballo.
    3. Certificación xustificativa de alta no IAE
    4. Declaración responsable, sobre a vixencia da actividade económica, e o horario que require a actividade, para o caso de traballadores por conta propia.
  7. Outro alumnado do centro. Neste suposto inclúense aos escolarizados fóra da área de influencia que lles corresponde.
  8. Persoal docente e non docente que preste servizos no centro e non colabore nos labores de atención e apoio ao alumnado

Os criterios aprobados polo Consello Escolar para o caso de empates (unha vez esgotados os criterios normativos) coa finalidade de ordenar a listaxe de reserva son por orde de preferencia:

  1. Caso de empate no Alumnado transportado: distancia ao centro; Ordenarase segundo á distancia ao centro, a maior distancia maior prioridade.
  2. Caso de empate no alumnado non transportado: Idade; A menor idade mayor preferencia.

Ábrese polo tanto un prazo de cinco días hábiles (dende o 23 de outubro ao 27 de outubro 2023 ambos incluídos) para achegar  documentación na Secretaría do centro e cubrir o impreso de reclamación. O día 30 de outubro publicarase a listaxe definitiva de admitidos/as e excluídos/as.

 

AdxuntoTamaño
RECLAMACIÓN CONTRA A LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDOS NO COMEDOR PARA O CURSO 2023.pdf125.31 KB


story | by Dr. Radut