4º ESO (CONFINAMENTO CURSO 2019-2020)
Esquema de temas
-
INDICACIÓNS PARA O TERCEIRO TRIMESTRE
Benvidos ao terceiro trimestre e... ante todo MOITO ÁNIMO!!!!
Comezamos este terceiro trimestre nunha situación excepcional e ante esta situación teremos que darlle un enfoque un pouco distinto á materia de E.Física.
Ao longo desta aula virtual veredes que hai actividades de repaso e ampliación sobre contidos que vistes este ano ou en anos pasados incluso que teñen vinculación con outras materias.
As sesión están pensadas para que duren un 50 minutos que é o que duraría a túa clase de Educación Física.
Para que ti podas xestionar o teu tempo, cada semana abrirei as dúas clases correspondentes a esa semana. Podes facelas o día e a hora que tiñas E.F. ou cando mellor che veñan en función da túa dispoñibilidade, do que che manden noutras materias, ou do que che apeteza.
De todos os xeitos o ideal era que pasara un día como mínimo entre unha sesión e a outra. Por exemplo podes facelas o martes e o xoves e repetir a parte física (a de moverse) o sábado pola mañá unha e outra pola tarde. Outra opción sería luns e mércores e a parte física repetila venres a dunha sesión e sábado a da outra para non estar tan sedentario.
Antes de comezar calquera das sesións propostas le atentamente a GUÍA DA SESIÓN onde se explicara o que tes que facer.
En moitas sesións faremos circuítos ou tarefas que impliquen distintos exercicios. Estes exercicios teñen un nome que pode que tin no coñezas ou que coñezas con outra denominación. Para que saibas como se fai, a primeira entrada desta aula virtual, é un repositorio de exercicios físicos onde se enlaza un vídeo para que comprendas e aprendas como se fan.
Como irás vendo a medida que vaias lendo a sesión imos facer todo a través da internet. Eu non sei, lamentablemente, como son a túa conexións a internet, que medios tes para acceder e en que cantidade por unidade familiar (computadora, tablet, teléfono móbil…), que espazos tes para traballar…
A educación ante todo ten que ser equitativa e non discriminatoria. Se tes algún problema para facer as tarefas ou seguir as sesións ou coñeces alguén que estea nestas circunstancias ponte en contacto comigo e veremos posibles solucións. De seguro que entre todos haberemos atopar como facelo.
Para calquera dúbida que teñades o calquera outra cousa que queirades transmitirme este é o meu enderezo electrónico erey0@iescotarelo.net
TEMPORALIZACIÓN
AVALIACIÓN
Polo de agora, a falla de instruccións sobre se os contidos desta nova situación van ser avaliables ou non, deixovos a proposta de avaliación de como sería a mesma se estes tiveran que contar para a nota.
Aquí poderás ver o peso en porcentaxe que teñen as distintas unidades didácticas que veremos ao longo deste confinamento. Esta avaliación está supeditada á duración que teña esta situación. E dicir, se este acaba e podemos incorporarnos ás aulas, continuaremos cos contidos e co sistema de avaliación proposto para este trimestre na programación do Departamento.
Isto non quere dicir que o feito até esta suposta reincorporación ás aulas non teña valor. Este traballo feito conservará o seu peso na avaliación, só modificándose este a proposta xustificada polo profesor ou polos alumnos, e sendo aceptada por todos eles por unanimidade (profesor e alumnos).
CONTACTO
O primeiro que deberías facer é mandarme un correo, á dirección que aparece baixo estas liñas, indicando o teu nome, primeiro apelido e curso para que deste xeito teña a posibilidade de comunicarme contigo se fose necesario.
Para aclarar calquera dúbida que vos poda xurdir, se necesitades comentarme algunha incidencia ou outra cousa na que pensedes que eu podo ser de axuda ou se detectades algún erro este é o meu enderezo erey0@iescotarelo.net
-
Todos os VENRES á 13:00 podedes conectarvos por medio da plataforma Webex (https://www.webex.com/es/index.html) para consultar calquera dúbida que teñades sobre os contidos, tarefas ou avaliación deste terceiro trimestre.
Lembrade que nos vosos correos recibiredes os datos necesarios para establecer a conexión.
-
Semanalmente iremos propoñendo un reto para que vos animedes a intentalo.
Non fai falla que demostrades que o fixestes, se queredes mandar un vídeo podedes pero non é necesario.
A idea dos desafíos é ter un pretexto para moverse. Facelos ou non, non vai ter repercusión na vosa nota, nin para ben nin para mal.
Se coñecedes algún reto e queredes compartilo con nos. Gravade un vídeo facéndoo, compartídeo comigo por DRIVE e subirémolo á aula virtual para que os compañeiros podan aceptar o desafío.
-
Antes de levar este reto á práctica sería bo que quentarades par evitar problemas. Sobre todo os xeonllos, o pescozo e os cuádriceps.
-
Esta semana como reto propoñémoste que xogues con alguén aos dados fítness.
Primeiro terás que imprimir e unir as pezas para facer dous dados.
Un é un dado convencional que che indicará o número polo cal multiplicas e o outro que exercicios tes que facer.
Se non atopas con quen xogar podes comprobar que nivel es quen de acadar.
Acéptalo reto?
-
No seguinte vídeo déixovos un titorial onde vos explica como se soben e se comparten vídeos mediante a aplicación de Google DRIVE.
En función da capacidade da vosa rede e do peso do vídeo o tempo que tarda en subir pode ser maior ou menor. Tede paciencia.
Para poder usar este servizo terás que abrir unha conta de GMAIL, se é que non dispós dela xa. Con outros contas de correo (hotmail, yahoo, ...) non funciona, que eu saiba.
-
Aquí teredes enlaces onde se explican os distintos exercicios que empreguemos nas propostas de actividade física. Se algún enlace non funciona, por favor, avisade para solucionar o problema.
-
Trátase dunha sentalilla e na extensión aproveitamos para saltar.
Podemos ir "xogado" cos brazos para darlle máis intensidade, traballar os ombros, tríceps.... Así por exemplo podemos pedir tocar coas mans no chan (máis intenso) e extender os brazos cara arriba no salto (traballar a musculatura dos ombros).
-
Como tódolos exercicios existen distintas variantes. En función do que fagamos a intensidade será distinta. Así podemos: dar saltos máis amplos, tocar coa man contraria á perna de apoio dianteira no chan, non tocar coa punta do pe da perna de "atras" ou tocar moi lixeiramente...
-
Se queres co exercicio sexa un pouco máis intenso podes facer unha leve torsión de cadeira (coidado non facer moita torsión co tronco) levando o brazo que estiras cara o lado contrario.
-
Este exercicio tamén se pode realizar con baixa implicación do membro superior (os brazos). Para iso fai o skipping por diante igual pero no lugar de mover os brazos colócaos para adiante e intenta "golpear" as palmas das máns cos xeonllos.
-
Ao longo deste ano estivemos vendo como se facía un quecemento xeral. Moitos de vos incluso dirixiríades algún durante as clases. Pois chegou o momento de demostralo!!!
Botalle unha ollada ao documento que achegamos e fai a tarefa.
Moito Ánimo.
-
O trimestre pasado estivemos a ver o traballo de forza. Para o traballo do ano que ven necesitamos asegurarnos que todos dominamos a técnica de 4 exercicios básicos como son as flexións de brazos, as sentadillas, os abdominais e os burpees.
É hora de demostralo...
-
Aquí vos deixo o enlace a un vídeo, o mesmo que vos deixei ao final do trimestre pasado, onde podedes lembrar a técnica correcta e algunha progresión para mellorar a vosa forza, como vimos na aula.
-
En este vídeo amósasenos unha sentadilla frontal con barra. Non é exactamente o que fixemos en clase, pero todas as correccións son válidas e pódevos axudar a facer as sentadillas dun xeito correcto.
Só temos que modificar a explicación dos brazos que nos fai ao principio por extendelos adiante cando baixamos e levar as más a glúteos ou cadeira cando subimos.
-
Aínda que noutros anos veredes que este é un exercicio que ten certa controversia, imos a aprender como se debería facer correctamente xa que está moi extendido e é empregado por moita xente.
No vídeo que vos deixo podedes ver a técnica correcta e algúns dos principais erros. Se recordades da clase, veredes que as pernas podían estar tanto apoiadas coma en 90º, e os brazos podían estar en distintas posicións. Dígovolo por que no vídeo non se explica todo. Sobre todo estade atentos aos erros que sinala para evitalos.
-
No vídeo que presentamos a continuación podedes ver a técnica correcta á hora de facer un burpee e os principais erros.
É un pouco longo xa que tamén aparecen algunhas modificacións para adestrar e mellorar as nosas prestacións.
-
Nestas dúas sesións imos a ver algúns conceptos relacionados coa alimentación e algunha doenza relacionada con este tema. Estudaremos a importancia do almorzo e que alimentos debe incluír este para ser saudable.
-
Nesta segunda sesión adentrarémonos na importancia do almorzo.
-
Con esta unidade didáctica pretendemos aprender que é a flexibilidade ,cales son os seus beneficios e de que factores depende.
Buscaremos coñecer e practicar distintos xeitos de adestrala para mantela ou mellorala e relacionar os alongamentos que traballemos coa musculatura implicada.
-
Continuamos co traballo de flexibilidade. Hoxe veremos como estirar a musculatura do membro inferior. Para iso antes faremos unha sesión de GAP (Glúteos, Abdominais e Pernas).
-
-
-
-
Esta unidade didáctica desenvolverémola ao longo de tres semanas.
Durante este tempo buscaremos adaptar o nosos movemento a un ritmo, coñeceremos os pasos básicos que se empregan no aerobic e como se monta unha coreografía.
Imos a abrir unha entrada por semana. Ese traballo é para que o repartades vos como queirades ao longo da semana en función das vosas ocupacións. Mirade a "GUÍA DA SESIÓN" e ide facendo. Non ten que ser todo o mesmo día, ou si, iso vai depender de como vos organizades, pero recordade que temos dúas sesións de 50 minutos á semana.
O obxectivo final desta unidade didáctica é realizar e gravar unha coreografía de aerobic.
-
Esta semana aprenderemos algúns pasos básicos do aeróbic e trataremos de adaptalos a músicas que xa coñecemos e a algunha nova.
Tamén vos deixaremos unha nova coreografía para que vaides collendo "soltura" de cara a practicar a vosa.
-
Chegou o momento de preparar a túa coreografía.
Recorda que tes como data de entrega este VENRES 5 de XUÑO ÁS 23:55.
-
Con esta actividade finalizamos as tarefas por este ano.
E para celebralo imos aproveitar a posibilidade que temos de saír ao aire libre e facer unha pequena andaina.
Esta tarefa ven a substituír ás probas físicas que tiñamos programadas para final de curso.
-
MIRADE BEN COMO TEDES QUE NOMEAR OS DISTINTOS ARQUIVOS (MAPA E FOTOS).