Visita a Santiago de Compostela

Saída a Santiago de CompostelaO alumnado de 3º e 4º da ESO do IES Cosme López visita a cidade de Santiago de Compostela o pasado xoves 9 de febreiro para desfrutar do concerto "Xogo de Espellos" da man da Orchestra Filarmónica de Galicia.

Reserva e Admisión Curso 2023-2024

Formulario InscriciónEstá aberto o prazo para a Reseva e Admisión de prazas no novo curso 2023-2024.

As datas de presentación de solicitudes van dende o 16 de Xaneiro de 2023 ata o 6 de Febreiro de 2023.

Nas seguintes ligazóns ofrécese toda a información sobre o proceso de admisión, prazos e documentación necesaria.

As listaxes poderán consultarse no Taboleiro do centro e a través da aplicación informática.

 

I Xornada Escolar de Orientación

Xornada Orientación 1O pasado luns 30 de xaneiro, no mapa "O Carteiro" do Barco de Valdeorras, celebrouse a I Xornada Escolar de Orientación coa participación de máis de 160 alumnos. Nesta xornada participaron centros educativos do Barco, A Rúa e Bande e estivo acompañada dunha xornada que nos permitiu gozar deste fermoso deporte no paseo fluvial e área recreativa do Barco.

Internacionalización da mocidade

Internacionalización da mocidade

Becas de formación no estranxeiro


O Ministerio de Educación e Formación Profesional chegou a un acordo co Ministerio de Industria, Comercio e Turismo para incorporar entre os destinatarios das BECAS ICEX a
recén titulados de Formación Profesional de grao medio e superior.

Distribuir contido