O alumnado do Ciclo Medio de Sistemas Microinformáticos e Redes, de 2º Curso do Ciclo Básico de Informática de Oficina e o que cursa a materia TIC en 4º da ESO asistiron á Saída organizada dende o Departamento de Informática do IES Cosme López Rodríguez para asistir á AMTEGA e ao Congreso de Innovación na Formación Profesional FP Innova na Cidade da Cultura, onde tomaron contacto directo cos proxectos desenvolvidos dende diversos centros de FP, no que constitúe o referente na difusión da innovación didáctica e tecnolóxica e da transferencia de coñecemento e da capacidade de emprender do alumnado da FP.
Achéganse algunhas instantáneas da xornada: