Convocatoria de folga 8M

8M

Folga do 8 de Marzo

O centro ten coñecemento da convocatoria dunha folga de estudantes para todas as etapas e niveis educativos o día 08 de marzo durante toda a xornada lectiva.

A organización convocante é o Sindicato de Estudantes e o motivo da folga: Folga estudiantil feminista, rexeitamento da violencia machista e loita pola igualdade real entre mulleres e homes.

Se o alumnado decide secundar a folga deberá comunicalo ao centro. Esta comunicación deberá facerse cunha antelación de como mínimo 48 horas á data da folga por medio de Abalar tal e como se indica nos seguintes documentos adxuntos: