Estimadas familias, o vindeiro luns 27 de xaneiro, de 17:30 a 18:30 teremos unha nova charla- dentro do proxecto de ESCOLA DE FAMILIAS: "USO DE INTERNET E REDES SOCIAIS". Esta charla é complementaria á que recibirá o alumnado pola tarde e forma parte do Plan Director.
As novas tecnoloxías afectan á sociedade actual, especialmente aos mozos/as, ademais de brindarnos moitos beneficios. Nos últimos anos comezamos a atopar mozos/as que viven obsesionados con Internet, móbiles, videoconsolas, redes sociais, etc. Séntense incapaces de separarse deles, non son capaces de controlar o seu uso, poñendo en perigo as súas responsabilidades e as súas relacións sociais. Dende o Plan Director esperamos ofrecer unha visión da situación actual e como podemos axudar aos nosos fillos/as a xestionar o seu uso.
Esperamos que vos sexa de utilidade e agradecemos moito a vosa asistencia. Por suposto, poderedes plantexar todas as vosas dúbidas aos poñentes.