I Xornada Escolar de Orientación

Xornada Orientación 1O pasado luns 30 de xaneiro, no mapa "O Carteiro" do Barco de Valdeorras, celebrouse a I Xornada Escolar de Orientación coa participación de máis de 160 alumnos. Nesta xornada participaron centros educativos do Barco, A Rúa e Bande e estivo acompañada dunha xornada que nos permitiu gozar deste fermoso deporte no paseo fluvial e área recreativa do Barco.

O alumnado de primeiro da ESO do IES Cosme López, a través da materia de Educación Física e coa imprescindible colaboración da ANPA (que xa organizara unhas xornadas de orientación no propio IES Cosme López sendo todo un éxito entre os rapaces) participou nesta xornada onde destacou o compañerismo entre os nenos dos diferentes centros que participaron na actividade.

A continuación procedemos á mostra dalgunhas das fotos realizadas polo xornal "Somos Comarca":

Xornada Orientación 1Xornada Orientación 2Xornada Orientación 3