Internacionalización da mocidade

Internacionalización da mocidade

Becas de formación no estranxeiro


O Ministerio de Educación e Formación Profesional chegou a un acordo co Ministerio de Industria, Comercio e Turismo para incorporar entre os destinatarios das BECAS ICEX a
recén titulados de Formación Profesional de grao medio e superior.

O Proxecto ICEX Vives de ICEX España Exportación e Inversións, ten como obxectivo apoiar a formación en internacionalización da xuventude española e, desde agora, inclúe a mozos e mozas cun título recén obtido de Formación Profesional de grao medio e de grao superior.

As becas ofertan ata 2.000 prácticas formativas no estranxeiro, dirixidas a persoas tituladas universitarias e de Formación Profesional, cunha duración de entre 6 e 12 meses que poderán desenvolverse, nesta convocatoria, entre xaneiro do 2023 e decembro do 2024.

A dotación económica é de entre 21.000 e 46.000 euros anuais, en función do país no que se desenvolva a práctica. As solicitudes poderanse presentar utilizando unha plataforma que se conectará ás persoas solicitantes con empresas.

Para ampliar esta información poden consultar os seguintes documentos e a web www.icex.es/icexvives.