Obradoiro de brindos.

O brindo é un tipo de regueifa propio da montaña do sur de Lugo e de parte da de Ourense. Ultimamente estase revitalizando no concello da Pobra do Brollón a través do colectivo "Erre que erre" e a colaboración municipal.

Dentro da literatura popular destaca este tipo de poesía de improvisación oral na que dúas persoas confróntanse verbalmente a través de versos. O alumnado de 1º e de 2º de ESO aprenderon como se constrúen as diferentes estrofas de catro versos octosílabos. Débese empezar polo cuarto verso que debe rimar co segundo e logo seguir co primeiro e co terceiro que non teñen por que rimar. O importante é que a estrofa teña ritmo porque estes versos van sempre acompañados do mesmo esquema musical.

        1   TARA RIRO RIRO RIRO                    HOXE VEU SARA ENSINAR

  --> 2   TARA RIRO RIRO RARO                   UNHAS COPLAS QUE NA POBRA HAI

        3   TARA RIRO RIRO RIRO                    E DE NOME TEÑEN BRINDOS.

  --> 4   TARA RIRO RIRO RARO                   DE IMPROVISACIÓN ORAL VAI.

 

Para ver imaxes pincha aquí: https://www.edu.xunta.gal/centros/iescosmelopez/galeria/thumbnails.php?album=26 

AnexoTamaño
BRINDO CARTEL.png358.84 KB