BECAS DE NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO

Xa se pode solicitar unha bolsa ou axuda do Ministerio de Educación e Formación Profesional para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo, para o curso 2023-2024.

Toda a información está dispoñible no portal de bolsas e axudas do MEFP. Aquí deixamos a ligazón onde podedes consultar toda a información.
O prazo para solicitala é do 8 de maio ata o 20 de setembro de 2023.