Skip to Content

Lección de VIDA: o APAMP no IES Coruxo

Afrontar os problemas da vida con entereza, loita, optimismo, creatividade, afán de superación, humanidade….

Este martes 28 de maio no IES Coruxo visitáronnos os nosos veciños da APAMP (Asociación de Familias de Persoas con Parálise Cerebral) residentes no barrio de Navia e déronnos, sobre todo, unha lección de vida a nós e ó noso alumnado de 4º ESO e 1º Bacharelato.

Nesta experiencia desenvolvéronse dúas actividades complementarias; por unha banda no Salón de Actos compartiron a súa experiencia vital, cómo afrontan o seu día a día pero, sobre todo, compartiron a súa humanidade, o seu optimismo e o seu sorriso, a mellor forma de afrontar os problemas da vida; por outra banda no Pavillón fixéronnos unha demostración dalgunhas das actividades deportivas que se levan a cabo na asociación, entre elas o boccia, na que o alumnado foi partícipe.

  

  

Xornada inesquecible que vivimos con eles e elas tanto o profesorado e, especialmente, que se mostrou moi sensibilizado e interesado en poder participar nun futuro en proxectos de voluntariado con organización como APAMP. Grazas amig@s!

Esta actividade enmárcase dentro do programa Inclúe-T do CP Inclúe, programa que ten como obxectivo facer un IES Coruxo máis inclusivo.

 

AdxuntoTamaño
Logo CP Inclúe.png6.58 KB
Experiencias 1º Bach.jpeg133.39 KB
Experiencias 4º ESO.jpeg193.07 KB
Explicando deporte.jpeg182.32 KB
Practivcando alumnado.jpeg208.8 KB
Frase final.jpeg155.38 KB


page | by Dr. Radut