As redes sociais supuxeron un cambio na forma en que a mocidade exprésase, comunícase, relacionase e interactúa, outorgando ao mundo virtual un amplo espazo nas súas vidas persoais.
Durante os días 5 e 8 de febreiro tiveron lugar, dentro das actuacións de igualdade no Instituto, uns obradoiros adicados a tratar o tema da igualdade de xénero nas redes sociais e destinados ao alumnado de 3º ESO.
Neste obradoiro procurouse interpelar ao alumnado e animalo a ter unha conciencia crítica, aprendendo a ver como o machismo impregna as nosas vidas de xeitos sutís e fomentando posicionamentos críticos, proporcionando referentes novos e animando a crear contidos que dean conta de realidades máis plurais, diversas e igualitarias.
Estas actuacións son un paso previo para a creación dos futuros equipos de igualdade dentro do propio Instituto e enmárcase dentro do programa Iguala-T do CP Inclúe, programa que ten como obxectivo aproveitar as oportunidades de mellora na convivencia no IES Coruxo.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Comezando.jpeg | 173.77 KB |
Debatindo.jpeg | 144.33 KB |
En familia.jpeg | 138.32 KB |
Reflexionando.jpeg | 156 KB |
Logo CP Inclúe.png | 6.58 KB |