Eventos
CONVOCATORIA
PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE BACHARELATO CORRESPONDENTES AO CURSO 2015/16
PERSOAS BENEFICIARIAS
Alumnado que finalice os estudos de bacharelato no curso 2015/16 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia, cunha nota media do bacharelato igual ou superior a 8,75.
PRAZO DE PRESENTACIÓN
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día 3 de maio de 2016.
Máis información :
Orde 11 de abril de 2016 ( D.O.G. do 26 de abril )
http://www.edu.xunta.es/portal/sites/web/files/20160426_premios_bacharelato.pdf
Os ficheiros que se adxuntan teñen información académica de interese para o alumado que neste momento está en Bacharelato así como os futuros estudantes desta etapa educativa.
Con esta información pretendemos ofrecer orientación académica para o alumnado que cursa actualmente Bacharelato e para os futuros alumnos desta etapa educativa ( principalmente alumnado de 4º de ESO)
Como é sabido estamos nun momento de cambio do sistema educativo , de LOE a LOMCE, polo que esta información é moi importante á hora de elexir o itinerario axeitado para poder proseguir estudos posteriores.
ORGANIGRAMA DO SISTEMA EDUCATIVO
En primeiro lugar hai que ver o organigrama do sistema educativo para ubicar cada unha das ensinanzas. Na seguinte dirección tes un organigrama moi sinxelo do sistema educativo actual
Na seguinte podes atopar un organigrama da LOMCE onde se poden observar máis detalles das conexións entre as distintas etapas educativas.
ORGANIZACIÓN BACHARELATO LOMCE ( este curso remata a súa implantación en 2º bacharelato)
O bacharelato organízase en torno a tres Modalidades: CIENCIAS, HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS e ARTES
Nos esquemas que podedes ver a continuación están todas as materias e posibilidades que contempla a normativa sobre o bacharelato pero hai que advertir que despois os IES non poden ofertar todas as posibles combinacións, por cuestións organizativas e de recursos, sobre todo no que se refire a materias específicas e de libre configuración . Neste momento pois os departamentos didácticos e a dirección do centro está traballando na posibilidade de ofertar uns itinerarios máis cerrados ou permitir elixir libremente e logo ir restrinxindo en función da demanda. Previo á data de matrícula facilitarase información concreta.
www.edu.xunta.gal/centros/iesconcepcionarenal/system/files/Bacharelato%20LOMCE%202016%20compl..xls
CONTINUIDADE MATERIAS DE BACHARELATO
A superación das materias de segundo curso que se indican no anexo VI ( no seginte enlace) estará condicionada á superación das correspondentes materias de primeiro curso indicadas no devandito anexo, por implicar continuidade. Non obstante, o alumnado poderá matricularse da materia de segundo curso sen cursar a correspondente materia de primeiro curso, sempre que o profesorado que a imparta considere que o alumno ou a alumna reúnen as condicións necesarias para poder seguir con aproveitamento a materia de segundo. En caso contrario, deberase cursar a materia de primeiro curso, que terá a consideración de materia pendente, aínda que non será computable para os efectos de modificar as condicións en que se terá promoción a segundo.
www.edu.xunta.gal/centros/iesconcepcionarenal/system/files/Continuidade_materias_bacharelato.pdf
OFERTA DE MATERIAS DE LIBRE CONFIGURACIÓN
No seguinte enlace temos acceso materias de libre configuración que acaban de ser aprobadas no Claustro.
PROMOCION EN BACHARELATO (LOMCE)
Os alumnos e as alumnas terán promoción de primeiro a segundo de bacharelato cando teñan superadas as materias cursadas ou teñan avaliación negativa en dúas materias,como máximo. En todo caso, deberán matricularse en segundo curso das materias pendentes de primeiro.
Os alumnos e as alumnas poderán repetir cada un dos cursos de bacharelato unha soa vez como máximo, aínda que excepcionalmente poderán repetir un dos cursos unha segunda vez, logo dun informe favorable do equipo docente.
Os alumnos e as alumnas que ao termo do segundo curso tivesen avaliación negativa nalgunhas materias poderán matricularse delas sen necesidade de cursar de novo as
materias superadas, ou optar por repetir o curso completo
AVALIACION FINAL DE BACHARELATO(LOMCE)
A finais do curso 16/17 está prevista que se leve a cabo, por primeira vez, a avaliación final de bacharelato.
Aínda que faltan moitos aspectos por concretar , o Decreto 86/2015 de 25 de xuño di o seguinte:
Ao finalizar o bacharelato, os alumnos e as alumnas realizarán unha avaliación individualizada na que se comprobará o logro dos obxectivos desta etapa e o grao de adquisición das competencias correspondentes en relación coas seguintes materias:
a) Todas as materias xerais cursadas no bloque de materias troncais. No suposto de materias que impliquen continuidade, terase en conta só a cursada en segundo curso.
b) Dúas materias de opción cursadas no bloque de materias troncais, en calquera dos cursos. As materias que impliquen continuidade entre os cursos primeiro e segundo só computarán como unha materia; neste suposto terase en conta só a materia cursada en segundo curso.
c) Unha materia do bloque de materias específicas cursada en calquera dos cursos, que non sexa Educación Física nin Relixión
TITULO DE BACHARELATO (LOMCE)
Para obter o título de bacharel será necesaria a superación da avaliación final de bacharelato, así como unha cualificación final de bacharelato igual ou superior a 5 puntos sobre 10. A cualificación final desta etapa deducirase da seguinte ponderación:
a) Cun peso do 60 %, a media das cualificacións numéricas obtidas en cada unha das materias cursadas en bacharelato
b) Cun peso do 40 %, a nota obtida na avaliación final de bacharelato
ACCESO Á UNIVERSIDADE
Segundo o Decreto 86/2015 :
"A avaliación final de bacharelato correspondente ás dúas convocatorias que se realicen no ano 2017 terase en conta unicamente para o acceso á universidade, pero a súa superación non será necesaria para obter o título de bacharelato."
Faltan por concretar moitas cuestións pero básicamente pensamos que será algo semellante as actuais probas de acceso á universidade polo que incluiremos aquí a información sobre o funcionamento das actuais PAU
Pero antes vamos ver como se organizan as ensinanzas universitarias
ORGANIZACIÓN DAS ENSINANZAS UNIVERSITARIAS
.Dentro de cada rama hai unas materias que se consideran básicas para los títulos que engloba cada unha delas.
PROBAS DE ACCESO Á UNIVERSIDADE ( a extinguir)
Este curso é ó ultimo con esta modalidade de acceso á universidade .
Vamos ver un resume en qué consisten porque a Avaliación Final do Bacharelato , que servirá tamén para acceder á universidade, parece ser que será algo semellante
www.edu.xunta.gal/centros/iesconcepcionarenal/system/files/Esquema_Selectividade%20LOE_2.pdf
www.edu.xunta.gal/centros/iesconcepcionarenal/system/files/ponderacins17_0.pdf
OFERTA DE ESTUDOS DAS TRES UNIVERSIDADES GALEGAS PARA O CURSO 16/17 E NOTAS DE CORTE DO CURSO 15/16
No seguinte enlace vemos esta oferta así como as notas de corte do ano pasado.
RELACIÓN ENTRE A MODALIDADE DE BACHARELATO E O ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO SUPERIOR
Neste momento, á hora de acceder a Ciclos Superiores de FP hai unha vinculación entre a modalidade de bacharelato cursada e o ciclo superior elexido . Esa relación pódese ver no seguinte enlace:
PÁXINAS DE INTERNET CON INFORMACIÓN MOI RELEVANTE
Nesta páxina pódese consultar todo o referente a cada unha das materias de bacharelato
http://www.edu.xunta.gal/portal/guiadalomce
Aquí encontraredes toda a información sobre o acceso á universidade
Nesta páxina está toda a información referente á Formación Profesional Específica.