Dirixímonos a vós para comunicarvos que o 8 de marzo está convocada por varias organización estudantís unha folga de alumnado que afecta a todos os cursos salvo a 1º e 2º ESO. Acolléndose ao dereito de reunión, e celebrando a Xunta de codelegadas e codelegados no IES Chapela en data de 4 de marzo, o alumnado do Centro sumouse á decisión colectiva de non asistencia a clase en reivindicación dos dereitos da muller. O alumnado que apoie a decisión colectiva de non asistencia a clase, non acudirá ao IES Chapela o día sinalado para realizar ningunha actividade. Como en situación de normalidade académica, ningún alumno ou alumna menor de idade poderá abandonar o IES Chapela sen a autorización pertinente. As faltas de asistencia do alumnado que se sume á decisión colectiva de non asistencia a clase, consideraranse xustificadas. O alumnado que non se sume a esta convocatoria ten o dereito e o deber de asistir ao Centro e recibirá clase normalmente. O profesorado proseguirá o desenvolvemento normal da materia. En ningún caso poderán realizarse exames, probas de avaliación ou recollida de traballos nestes días, sempre e cando algún alumno ou alumna do grupo onde se vaian realizar ou entregar, participe na decisión colectiva de non asistencia. Todo o alumnado menor de idade que participe desta decisión deberá contar cunha autorización da nai/pai ou titor/a cubrindo un modelo que poderá recoller en conserxería e que entregará á persoa titora do grupo. Chapela, a 4 de marzo de 2021
A dirección
|
|||